domingo, 11 de diciembre de 2016

Alto nivel de radón en Galiza!

No seguinte audio Carlos e Andrea de 3º de ESO explican a realidade do perigo do radón en Ourense, segundo a información recollida nun artigo da Voz de Galicia:



Galicia e toda a parte occidental da península son as maís expostas ao radón ,un gas radiactivo natural cuxos niveis excesivos se relacionan cun maior risco de sufrir cancro de pulmón.

O artigo,publicado na revista "Journal of Radiological Protection", mostra cómo, en prácticamente toda Galiza, ao oeste de ASturias, a parte máis occidental de Castela e León, Extremadura e zonas noroccidentais de Andalucía, un porcentaxe significativo das vivendas teñen niveis superiores a 300 bequerelios por metro cúbico.
Estes datos recóllense no "Mapa de contaminación por radón dos domicilios de Galiza",diseñado por o laboratorio de Radón de Galiza ,ubicado no hospital Clínico de Santiago (CHUS),que xa alertaba de que algunhas zonas da comunidade superaban o 10% de casas con maís de 200 Bq/m3 -unha cifra sensiblemente inferior a collida como referencia para elaborar iste mapa,o grupo de invistigación  midiu os niveis de este gas en algo mais de 3.000 domicilios, escollidos aleatoriamente.


jueves, 24 de noviembre de 2016

Visita do Presidente da Deputación a nosa aula!

O Patrimonio Natural  é o lema nesta 4ª Semana Escolar da provincia organizada pola Deputación de Ourense.

Os alumnos e alumnas do Colexio Padre Feijoo traballamos dende 6º de primaria a cuarto da ESO os libros facilitados a cada un de nós e as guías didácticas ao profesorado, para documentarnos sobre a riqueza natural da nosa fermosa provincia e poder planificar actividades.
A través das diferentes materias traballamos temas distintos, que plasmamos en murais para expór ao resto da comunidade educativa, no hall e corredores do colexio.

O mércores 23 de novembro tivemos a sorte de poder amosar aos medios de comunicación e ao Presidente da Deputación os nosos murais na aula!

Ademáis poidemos facerlle unha breve entrevista na aula para o canal de podcast de Ciencia Activa:
Que é a Ourensanía?
Que aspectos destacaría da nosa provincia?
Cal é o obxectivo de propór actividades a escolares coma nós?
(Disculpámonos polos fallos do audio, debidos aos nervios que provocaron que moveramos o teléfono!)




Agradecemos especialmente o interese de D. José Manuel Baltar polo noso blog "Ciencia Activa, ESO é!", ao que accedeu moi amablemente lendo co seu teléfono o código QR presente nun dos nosos murais, co que se ve a entrada realizada sobre a investigación de especies en perigo de extinción.

Moitas grazas a D. J. Manuel Baltar pola súa amabilidade!



  


domingo, 20 de noviembre de 2016

Investigando o noso Patrimonio natural!

Con motivo da celebración da 4ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, os alumnos de cuarto de secundaria do Colexio Padre Feijoo, realizamos unha investigación sobre tres variedades de gando autóctonas de Galicia e a importancia da súa conservación.


Fontefiz, cabalo pura raza galega.JPG Na actualidade recupérase en estado semisalvaxe no Parque Natural da Baixa Limia. Máis coñecidos como bestas, burricanas ou garranos, os cabalos dos montes de Galicia constitúen a única poboación salvaxe que se conserva no mundo da especie Equus ferus (cabalos) (F. Bárcena, 2012). 
Recentemente foron descritos como unha subespecie diferente por F. Bárcena en 2012 (Equus ferus atlanticus), polas súas importantes diferenzas con outros cabalos (morfológicas, fisiológicas e de conduta). Estudos xenéticos máis recentes apuntan a que pode tratarse dunha especie diferente dos outros cabalos. 
En apenas seis anos a súa poboación pasou duns 20.000 a 8.000 exemplares. 

A problemática do cabalo garrano
 As vacas teñen, polo menos, unha rentabilidad que non ten o cabalo, de feito a maioría dos ganaderos posúen os cabalos como un complemento ás vacas, pero prácticamente non se ocupan deles, normalmente déixanos que llas apañen como poidan no monte. Segundo eles os cabalos non teñen problemas á hora de conseguir alimento e as súas condicións de adaptación ao monte son inmejorables. En parte teñen razón cando se refiren ao típico cabalo galego, o garrano. Con todo nos nosos montes introducíronse unha gran cantidade de garañones para producir ?cruces? que poden dar como resultado cabalos algo ?máis atractivos e vistosos? pero que se adaptan moi mal ao medio e non son capaces de sobrevivir a invernos difíciles.
Resultado de imagen de CABALO GARRANO
 Incluso os garranos, e debemos insistir nisto, ven a miúdo complicada a súa supervivencia ao non poder desprazarse libremente pola Sierra e estar recluídos en espazos limitados. Por suposto, e deixando á marxe algunha rara excepción, os garranos e os cabalos en xeral da Sierra do Barbanza non son alimentados nunca, por unha simple razón económica. Un cabalo de monte apenas vale diñeiro. Por uns 30 ou 40 euros pódense comprar cabalos que logo no matadero poden alcanzar os 150/200 euros, pero aos que hai que descontar os gastos de transporte e os beneficios do intermediario. E esa é a razón pola que a maioría dos animais que morren nos nosos montes son cabalos. 
Moitos poderían pensar que deixando de lado cuestións compasivas, e dado que o garrano ten un gran interese biolóxico (para algúns autores constitúe o principal valor natural de Galicia) como é que se lles dá tan pouco aprecio? A nosa sociedade tan afeita a poñerlle un prezo a todo, adoita valorar máis a vida dun animal que presenta unhas características singulares ou exclusivas que aqueles máis normais e frecuentes, e aínda que nós consideramos que toda vida é igual de importante somos conscientes que a xente, en xeral, acaba valorando máis o menos común e peculiar. Pois ben, a todos eles dirémoslles que a poboación galega de garranos é única nun dobre sentido. Por unha banda, é a única poboación de cabalos genuinamente salvaxes (xunto coa do cabalo mongol) e a máis importante pola súa cantidade do mundo. Por outro, é tamén a única que presenta unha continuidade de poboación sen interrupción algunha desde o Pleistoceno (o cabalo mongol, case se extinguiu a mediados do século XX e tivo que ser reintroducida a partir de exemplares que se conservaban en zoos e algúns centros particulares). 
 En realidade o único que necesitarían os garranos para sobrevivir é que os deixásemos vivir en paz na súa hábitat natural! 

A VACA CACHENA
Orixe: Non existe unha clara coincidencia achega da súa orixe. Cítase como existente desde tempos inmemoriais no norte de Portugal, ata o punto de contar con outras derivadas directas. Dende principios do século pasado, debido ao seu menor tamaño, a raza foi desprazada por outras dos troncos Ibérico e Aquitánico, quedando soamente un pequeno núcleo acantonado nas montañas portuguesas e españolas. A raza está recoñecida oficialmente como Raza Autóctona en Perigo de Extinción.

Características: A súa capa é castaña clara, máis escura na rexión do pescozo; as mucosas, pezuñas e parte dorsal da encornadura negras; con flequillo na testuz; pabellón auricular e cola ben poboadas de pelo. Os machos adultos pesan en promedio 585 kg e as femias 380 kg cunha alzada á cruz de 122 cm e 117 cm, respectivamente. O peso dos terneros ao nacemento é de ao redor de 23 kg nos machos e de 20 kg nas femias. As femias cóbrense aos 24 meses de idade, con alta fertilidad e longevidad.


Resultado de imagen de vaca cachena



A súa principal aptitude é a produción dun ternero, destetado aos seis meses de idade, que presenta boas características de calidade de carne. Os poucos animais que se ceban, ata os 14-18 meses, mostran crecementos moi discretos (500 g/día). 
Outra aptitude desta raza é a motriz, circunstancia que fixo que fose usada durante un tempo nos traballos agrícolas (bueyes). Actualmente constitúen unha reserva xenética. 
Con todo, por tratarse da vaca máis pequena do mundo, non sería moi aventurado pensar que no futuro puidese ter unha boa aceptación como animal de experimentación, así como para a súa exposición en parques públicos e/ou zoológicos ou para o aprovechamiento de recursos agrarios en medios difíciles.  

Distribución: A área xeográfica sitúase en diferentes municipios da provincia de Orense limítrofes co Parque Nacional Portugués de Peneda-Geres. Ao longo das pasadas décadas a súa poboación sufriu un drástico descenso, actualmente contabilízanse 27 rebaños, nos cales todos os seus animais áchanse inscritos nun Libro de Rexistro Especial aberto na Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

A VACA CALDELÁ
A raza bovina da vaca caldelá está considerada como unha variedade autóctona en perigo de extinción. No centro de Fontefiz (Coles) prodúcese a recuperación dalgunhas razas ganaderas, nesta foto podemos ver un boi da raza caldelá en Fontefiz.
Boi caldelao Coles.jpg

sábado, 19 de noviembre de 2016

Logran cun mono recupere a capacidade de andar

Logran crear un dispositivo capaz de transmitir un patrón de movemento inalámbrico restaurando a comunicación e conseguindo que o mono comece a camiñar.
"É a primeira vez ca neurotecnoloxía restaura a locomoción en primates"  dice Grégoire Courtine, líder do proxecto.
O traballo realizouse en China porque en Europa é difícil traballar con primates.
"O primate foi capaz de camiñar de inmediato una vez a interfaz celebro-columna activouse, sen necesidade de fisioterapia" comenta Erwan Bezard, que supervisou os experimentos con primates.
O electrodo cerebral utilizado neste experimento é similar ao que se utiliza en persoas que padecen de parkinson, sen embargo, o patrón de movemento en humanos é máis complexo polo que tardarase en estudar.
Ainda así é un gran avance neurotecnolóxico que anima a atopar solucións futuras as lesións medulares en humanos!


miércoles, 16 de noviembre de 2016

Videoconferencia: "O monte é a nosa vida"

O martes 15 de novembro ás 12 horas os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO poidemos seguir unha charla divulgativa sobre a importancia dos bosques. Conectamos on- line en directo co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
A videoconferencia organizada por Confemaderas de Galicia, centrouse en resaltar os valores medioambientais, sociais e económicos dos nosos bosques.

Confemaderas de Galicia

Resultounos moi interesante, e o que máis nos gustou foi o feito de formular cuestións a través do chat!
Algunhas das nosas preguntas foron:

Cales son os principais efectos da deforestación?

Que importancia teñen as árbores autóctonas no monte galego?

Como é posible que o subsolo arda?




Conectados dende a nosa aula os alumnos de 4º ESO A

Os alumnos de 3º ESO a e B en directo co CESGA


A prensa local tamén se fixo eco da nosa participación na videoconferencia!




Confemaderas de Galicia promove a organización dun concurso de traballos, de distinto tipo, dentro de programa "O monte é a nosa vida". 


BASES DO CONCURSO

lunes, 24 de octubre de 2016

O Premio Nobel de Medicina!

Yoshinori Osumi 201511.jpgA Academia Sueca decidiu distinguir co Premio Nobel de Medicina neste 2016, ao investigador xaponés Yoshinori Ohsumi (Fukuoka, Xapón). A nova publicouse este 3 de octubro, nun comunicado, e o xurado sinalou que a elección debese aos seus descubrimentos sobre os mecanismos da autofagia , un proceso que encargase da degradación e o reciclaxe de componentes celulares. 
Grazas a Ohsumi, o investigador do Instituto de Tecnoloxía de Tokio, descubríronse os mecanismos últimos que permiten ese proceso. En concreto, nos experimentos con levadura, o científico japonés identificou xens esenciais para a autofagia, coñecidos como reguladores moleculares ATG.
Podemos repasar os termos básicos sobre que é un lisosoma, a súa orixe e función no seguinte enlace de Ministerio de Educación: Proxecto Biosfera e poder entender mellor as aportacións de Ohsumi. 
Os seus descobrementos marcaron un antes e un despois no coñecemento do reciclaxe celular e permitiron constactar a importancia da autofagia en innumerables procesos fisiológicos, como a resposta celular ao estrés. A autofagia está involucrada nas principais enfermidades que nos afectan, como o cancro, a diabetes o as enfermidades neurodexenerativas.Boya alaba a elección de Oshumi pola Academia sueca, non só pola importancia da súa achega, senón "pola xenerosidade coa que o equipo xaponés compartiu os reactivos e toda a información que obtiveron. O seu equipo é un dos distintos grupos que nos últimos anos comezaban a estudar cómo determinados fallos na autofagia tradúcense na acumulación anormal de certas proteínas que son características de enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson e o Alzheimer.
Neste vídeo pódese apreciar a explicación do que é a autofagia e todo o que nos repercute na nosa vida.

                       

viernes, 7 de octubre de 2016

8 de outubro: Día da Ciencia de Galicia!

O día 8 de outubro adícase a conmemorar o Día da Ciencia en Galicia!
Coincidindo ca data do nacemento do célebre ourensán Padre Feijoo, considerado o primeiro científico galego.
No colexio adicamos un proxecto de centro a súa figura como homenaxe no ano 2014 cando fixo 250 anos do seu falecemento. Non deixedes de consultar o blog adicado á súa figura, con traballos feitos por alumnos/as de todos os niveis educativos no centro: PROXECTO PADRE FEIJOO
Neste vídeo María Fabio e Lidia explican á importancia de conmemorar a Ciencia en Galicia e como os alumnos e alumnas de Ciencia Activa do Colexio conmemoran este día:

A Santiaguina

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano 2016 o Día da Ciencia de Galicia a, D. Ignacio Rivas Marques. 
Químico e galego de adopción, centrou as súas achegas no eido da química orgánica, sustancias coma santiaguina, pontevedrina, ourensina ou coruñina foron algunhas das súas achegas a partir da flora autóctona galega.

Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:


Nesta sopa de letras grazas a Arkaitz de 4º da ESO A, podedes xogar e lembrar outros homenaxeados neste Día da Ciencia en Galicia:

Día de la ciencia en Galicia

lunes, 26 de septiembre de 2016

As vespas volven a pisar terra ourensá!

Resultado de imagen de vespa asiaticaLocalizan un niño de vespa asiática, esta vez en Trives, un concello da provincia de Ourense. A nova publicouse este 20 de setembro no xornal "La Región", facéndose eco da alarma e preocupación que xurdiu entre os apicultores trivenses.  A localización de este niño de vespa asiática chamada 'Vespa velutina' encontrouse nun árbol de A Somoza, un pequeno pueblo de este concello.

É un insecto depredador de outros insectos autóctonos, especialmente, das colonias de abellas. O niño está situado a unha altura de tres metros respecto o solo. A súa existencia xa fora advertida fai días, e aparece recollida nun informe da policía local.O tamaño do niño vai en aumento, igual que a preocupación dos veciños, especialmente dos apicultores, pois cada vez hai máis novos que se adican a esto, pois a media está entre os 25 e 35 anos de idade.
A Asociación Galega de Apicultores (AGA) confirmou en Quiroga (Lugo), o concello máis próximo a Trives, donde foron atopados niños de esta vespa.
A Consellería do Medio Rural adverte que a presencia de este insecto debe ser avisado o teléfono 012.
Este organismo rexistrou 3.354 niños de vespa en toda Galicia en 2016; a gran mayoría atopados  na zonas de costa galega e 16 en Ourense.

Neste vídeo pódese ver o ataque das vespas as abellas, ( imaxes a 240 fps, do comportamento da vespa asiática diante das colmeas durante o verán, época na que atacan as abellas), e como poden por en perigo a economía do sector da apicultura en Galicia.


lunes, 13 de junio de 2016

Somos o primeiro premio!!!!

Diego, Bea e Xu co premio!
Ciencia Activa, ESO é! gañador na X Edición Espiral Edublogs da "Peonza Dourada", na categoría de alumnos de secundaria!
Momentos felices e moi emotivos, os vividos na entrega de premios este pasado sábado día 11 de xuño en Media Lab- Prado (Madrid). Xu, Diego e Bea recollen a peonza en nome de tod@s e teñen a sorte de asistir a charla de Juanmi Muñoz sobre a evolución da educación e a historia de Espiral- Edublogs.
Somos afortunados de contar con este recoñecemento que fai que teñamos un extraordinario remate de curso. A prensa local fíxose eco da nova: "La Región"

Engadir que a representación do blog en Madrid poido asistir á comida con outros galardoados, os membros do xurado e con Juanmi Muñoz, estupendo conversador co que compartimos mesa e conversas, sempre enriquecedoras. 

Agradecémoslle a súa amabilidade e cordialidade!
Juanmi Muñoz e os representantes de Ciencia Activa, ESO é!

No seguinte vídeo vemos o momento no que recollen o premio Xu, Diego e Bea:

jueves, 9 de junio de 2016

Destino Madrid!






Os escolares de infantil de 5 anos, cos que participamos no proxecto "Novos profes- pequenos científicos", deséxannos sorte dun xeito moi emotivo, xa que fixeron axudados pola súa profe Mª José un cartel precioso cargado de sorrisos e ledicia, onde cada un adicóunolo co seu nome! 
      
GRAZAS!  CANTO CARIÑO E ENERXÍA POSITIVA!   
                         



Una representación dos contribuíntes do blog (Xu, Diego e Bea), viaxarán a Madrid a recoller a nosa peonza, non sabemos cal será, pero a que sexa é a nosaaaaaaa!!!!
Nesta foto recollemos o momento no que todos desexamos sorte e boa viaxe aos representantes de recoller o premio en MediaLab- Prado. Entre uns 800 blogs estar entre os 32 premiados é unha honra, moitas grazas á organización e xurado da X Edición Espiral Edublog!

                   

Parécenos incrible ter este recoñecemento ao noso blog, estamos moi ledos e agradecidos!
Grazas á dirección do noso colexio por apoiarnos, felicitarnos e facilitarnos a viaxe!