miércoles, 20 de abril de 2016

Charla- Obradoiro de ilustración na ESO

Con motivo do III Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo- Zorelle, na ESO poidemos asistir a unha charla coa ilustradora Rebeca Perea que ensinou algúns trucos para poder debuxar emocións, estados de ánimo,...
Na segunda parte da charla os estudiantes de 2º de ESO a partir dun texto, inventaban e debuxaban o seu propio comic!
Moi divertido!



 Rebeca Perea trouxo dous contos ilustrados por ela: "Cuentos bilingües" e "De camino a la vida". O primeiro con ilustracións para favorecer a adquisición de vocabulario en inglés, e o segundo cunhas ilustracións sobre a reprodución humana explicada para nen@s e pais. 
O remate da charla gravamos este audio, tan interesante! Non deixedes de escoitalo! Moitas grazas Rebeca polos seus consellos e amabilidade!



Ana e Lucía entrevistan a Rebeca Perea


jueves, 7 de abril de 2016

Onde foron os pardais?



Os pardais (Passer domesticus), eses pequenos paxaros que a miúdo vemos en zonas habitadas polo ser humano, están a desaparecer das cidades. De feito, dende fai 30 anos, ata o 63% dos pardais de toda Europa xa desapareceron. Pero, por que? Nas cidades, as causas principais son a contaminación, a ausencia de espazos verdes, o que lles dificulta formar os niños, así como a invasión de especies exóticas (como a cotorra arxentina). No medio rural, pola contra, os principais problemas son o emprego abusivo de praguicidas así como o despoblamento en xeral. 
Un gran problema a perda de biodiversidade! 


 Segundo a organización SEO/BirdLife, pioneira na conservación da Natureza e da biodiversidade en España, a desaparición desta pequena ave na Península Ibérica soamente é dun 6%, sendo máis aguda a medida que nos movemos cara o norte do noso país. Sen embargo, que o seu descenso en número de individuos sexa menor que a media europea non implica que non debamos poñernos mans á obra para protexer aos nosos pardais.

    Ao mesmo tempo, dita ONG, realizou un estudo acerca da situación dos pardais tendo en conta onde habitaban: no centro das cidades, na periferia ou nas zonas máis distantes dos núcleos urbanos. Como resultado, observouse que as aves que habitaban os núcleos urbanos presentaban problemas graves como desnutrición ou anemia.

    Pero, que podemos facer nós para axudar a esta especie? SEO/BirdLife tamén propón unha serie de sinxelas medidas que calquera pode levar a cabo. Por exemplo, a creación de pequenos niños e comedeiros, a promoción de espazos verdes, etc. Todos podemos aportar o noso grao de area para axudar á conservación das especies porque, non debemos olvidar que...

A conservación da Natureza é cousa de todos!
   
Se queres consultar máis información acerca dos pardais, así como sobre os seus costumes, etc., podes acceder a páxina de SEO/BirdLife: http://www.seo.org/ave/gorrion-comun/

Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!