miércoles, 14 de junio de 2017

Charla- Obradoiro: "A saúde da auga"




A bióloga especialista en análises de augas, Dna. Mª Luz García Nocelo, impartiu unha charla sobre a calidade da auga e que parámetros se empregan para a súa analise. A primaira parte teórica foi na aula empregando unha presentación na PDI e despois de coñecer uns conceptos teóricos básicos sobre o instrumental empregado nas diferentes medicións en ríos e embalses da nosa provincia, os estudiantes de terceiro da ESO, foron ao laboratorio.

 No laboratorio, a ponente, facilitoulles diferentes mostras reais de augas e con diferentes reactivos mediron o pH e os nitratos. Tamén construíron unha depuradora con sedimentos de diferente grosor, para explicar o tratamento primario na depuración da auga.



Outra das prácticas foi valorar a presencia de invertebrados e facer unha comparativa cos datos obtidos das distintas especies, cos valores de calidade de auga nunha tabla. 
Unha actividade moi interesante e divertida, unha aprendizaxe activa!





Mª Luz García ao remate do obradoiro co grupo de 3º ESOA

viernes, 9 de junio de 2017

Videoconferencia con Patricia Losada!


O xoves 8 de xuño dentro das actividades da III Semana das Ciencias, poidemos comunicarnos a través de videoconferencia ca Doutora en física e exalumna do noso colexio Patricia Losada Pérez. 
Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que poidemos falar con ela e cas investigadoras as que Patricia Losada diríxelles a tese doutoral.
Os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 1º bac fixemos moitas preguntas e Patricia moi amablemente e nun tono moi cordial respondeu a todas. Falounos dalgúns proxectos nos que traballa relacionados ca nanotecnoloxía e a biofísica. Axudounos a entender que a física non é tan teórica coma pensabamos, e como a física está en todo o que nos rodea!
 Patricia recomendounos ter sempre a mente aberta a aprender, a ser constantes e a concederlle moita importancia aos idiomas, sen os que recolleceu non lle sería posible traballar en Bélxica e ocupar o posto de responsabilidade docente que ocupará na Universidade de Bruselas. 

Algunhas das preguntas que formulamos a Patricia foron:

  • ¿En que momento decidiste dedicarte a la física?
  • ¿Cuántos países has visitado por motivo de tu trabajo?
  • ¿Te fue complicado adaptarte a vivir en Bruselas? ¿Por que?
  •  ¿Qué harías si no fueras física?
  •  ¿Tu trabajo te deja tiempo para tener hobbies?
  • ¿Podrías estar donde estás sin saber inglés?
  • ¿Qué es lo que más te apasiona de tu trabajo?
  • ¿Qué te motivó a ser investigadora? ¿Y por qué física?
  • ¿En qué proyectos estás involucrada?
  • De tus trabajos, ¿de cuál te sientes más orgullosa?
  • ¿Con qué dificultades te encontraste en tu camino como científica?
  • ¿Has tenido alguna decepción en tus investigaciones?
  • ¿Qué opinas de la Nanotecnología?
  • ¿Qué importancia tiene la nanotecnología en el mundo de hoy? ¿Destacarías alguna aplicación de la misma?
  • ¿Nos puedes citar alguna aplicación de bio-física en la que hayas colaborado?
  • ¿Qué recuerdos tienes del Padre Feijoo Zorelle?...

Foi unha videoconferencia moi interesante e pasámolo moi ben, alguhas das preguntas foron en inglés coma as que fixeron Carlos e Andrea de 3º da ESO.
Patricia tamén respondeu as preguntas de Bea a profe de bioloxía e de Moncho o seu primer profesor de física e dona Angelita tamén a saludou e felicitou polo seu traballo.
Patricia Losada un moi bó exemplo para todos nós, que nos anima a traballar e estudiar pensando no futuro e loitando polo que nos guste máis.
 Cada un de nós debemos loitar por acadar os nosos soños coma fixo Patricia, que quixo ser investigadora e o conseguiu! 
Unha científica de hoxe que investiga para axudar o benestar do futuro!
                           
                             Moita grazas!

Aquí temos alguhnas imaxes da videoconferencia:
  
DENDE OURENSE

DENDE BÉLXICA!









FALANDO CON MONCHO


CARLOS DE 3º ESO FALA CON PATRICIA EN INGLÉS

ANDREA DE 3º ESO FAI DÚAS PREGUNTAS EN INGLÉS


Dna ANGELA FALA CA SÚA FILLA E EXALUMNA

MOMENTO DA CONEXIÓN TODOS ATENTOS E INTERESADOS!


ESTUPENDO EXEMPLO DE PATRICIA E AS SÚAS DOUTORANDAS

martes, 6 de junio de 2017

Obradoiro de reciclaxe para celebrar o Día do Medio Ambiente



No Día do Medio Ambiente, este ano 2017 adicado a conexión das persoas e a Natureza, os alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO realizan un obradoiro de reciclaxe con escolares de educación infantil. Os estudiantes de 4º de ESO intentan que os nenos e nenas de cinco anos "conecten" co respeto ao medio natural, levando a cabo unha tarefa de aproveitamento de materiais desechables.
Neste obradoiro de educación entre pares, enmarcado na III Semana das Ciencias do colexio, seguíronse os seguintes pasos:

  1. Recoller botes valeiros de patatas pringles.
  2. Pensar que podemos facer con eles, cómo aproveitalos.
  3. Preparar o material que precisamos: papeis adhesivos, tixeiras, letras para os nomes, pegatinas para decorar.
  4. Listos para ir a aula de infantil.
  5. Axudados por a profe María José, titora de sexto de infantil, comézase o obradoiro
  6. Os botes ían a cobrar vida, co nome de cada un e as pegatinas e papeis que se queiran empregar, personalizando cada bote ou "caixa de tesouros"  ca imaxinación dos nenos de infatil e os novos profes, unha tarefa chea de cratividade! Educación entre pares!
PRECIOSAS "CAIXAS DE TESOUROS"


DECORAMOS E POMOS OS NOMES!

NOVOS PROFES: FABIO, ROCÍO, RAIDA, LIDIA, MARÍA, LETICIA,NOEMI E ANA