miércoles, 16 de diciembre de 2020

Sopa de letras para repasar o aparello respiratorio e dixestivo

 Deixovos esta actividade para repasar xogando


Se queredes facer outras actividades semellantes faino desde esta aplicación: Educaplay que recomenda Daniela Muñoz de 3º ESO A

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Só a ciencia nos rescatará da pandemia!!

  Con motivo da celebración da ciencia en galego poidemos participar nunha videoconferencia para 5000 estudiantes galegos e unha centena de colexios. a cientifica galega Sonia Villapol conectouse desde Houston con Galicia para falarnos dun tema de actualidade  o Covid-19 ou coronavirus,a súa orixe evolución da pandemia ,tratamentos e vacinas



Visita este vídeo e poderas ver a videoconferencia para saber mais sobre a actualidade da pandemia e as investigacións que se estan a realizar












martes, 24 de noviembre de 2020

Sopa de letras sobre ecosistemas

 Déixovos esta sopa de letras xa que estamos estudando nesta unidade os ecosistemas.

É unha forma máis divertida para repasar.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

O oso pardo volve a Ourense!

O oso pardo volve 180 anos despois á fronteira entre Ourense e Portugal

O 2 de decembro de 1843, nunha batida que tivo lugar na serra do Gêres, morreu o último oso pardo atopado en Portugal. Esta semana, o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) de Portugal e a Junta de Castilla y León confirmaron o regreso do úrsido na zona da Teixeira, no termo municipal de Hermisende (comarca de Seabra), e no parque natural de Montesinho, no concello de Bragança. Ambos municipios están na fronteira co concello ourensán da Mezquita.

A noticia, foi acollida con expectación entre os servizos de conservación da natureza. O exemplar localizado na comarca da Seabra trátase, probablemente, “dun oso dispersante e novo, e é razoable pensar de que procede de zonas con poboación máis densa, como o Alto Sil, o Bierzo ou León”.

En Castilla y León existe desde o ano 1990 un plan de recuperación da especie, considerada en perigo de extinción. En Galicia, onde o oso estivo a piques de desaparecer, a Xunta aínda non implementou o plan de conservación.


miércoles, 4 de marzo de 2020

Coidamos o planeta

Deixo esta infografía aquí para axudar ou lembrar como contribuir á mellora do medioambiente a través desta regra coñecida como A REGRA DAS TRES ERRES.

domingo, 2 de febrero de 2020

Dúas novas especies de anfibios na Península Ibérica !!

Dous equipos de investigadores, nos que participou o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN), descubriron varias especies de anfibios na Península Ibérica, concretamente o tritón ibérico meridional (Lissotriton maltzani) e a partera mediterránea (Alytes almogavarii).
Tritón ibérico meridional (Lissotriton maltzani)


Sapo partero mediterráneo (Alytes almogavarii)
Ambas son especies "crípticas", cuxo aspecto externo é moi similar a outras coas que están relacionadas. Non obstante, as análises moleculares demostraron a existencia de importantes diferenzas xenéticas que apoian o seu recoñecemento como diferentes especies.
A península Ibérica é unha das áreas con maior diversidade de especies de anfibios de toda Europa, segundo unha nota da MNCN.

"A Península Ibérica é unha das áreas con maior diversidade de especies anfibias en toda Europa debido á súa complexa historia xeolóxica e á longa evolución da historia dos anfibios na rexión, ben ilustrada por un importante rexistro fósil", contextualiza Íñigo Martínez Solano. , investigador da MNCN.

Coñécese máis dunha ducia que só pode atoparse na península, incluída a salamandra rabilarga (Chioglossa lusitanica), o tritón ibérico (Lissotriton boscai), a partera Bético (Alytes dickhilleni) ou a rana pirenaica (Rana pyrenaica).

Agora que sabemos que están alí, é importante telos en conta nas futuras actualizacións de catálogos de especies ameazadas e tomar medidas para mellorar o estado de conservación das súas poboacións ", conclúe o investigador.

Fonte


viernes, 31 de enero de 2020

Os ecosistemas


Aquí tedes unha interesante actividade para aprender sobre o tema que estamos dando en clase, os ecosistemas:

lunes, 20 de enero de 2020

Pasapalabras dos ecosistemas !

Hoxe traemosvos unha ruleta de palabras para que practiquedes os conceptos sobre os ecosistemas.
Desde aquí desexámosvos boa sorte e a divertirse xogando!