lunes, 31 de mayo de 2021

Coñecemos as termas próximas ao colexio: As Burgas!

En relación co proxecto K3 ATS STEM que estamos a realizar, visitei As Burgas e fixen este breve TikTok  no que ides poder visitalas conmigo e ver por exemplo a composición química das súas augas. Espero que vos guste!

Ainda que no proxecto temos conta en TikTok para      difundir os nosos traballos de ciencias de xeito diferente, estes vídeos están subidos ao canle en youtube do blog para que sexa máis sinxelo insertalos:





Joaquín, Héctor e Alicia esperamos que vos gustasen os nosos TikTok e nos sigades na conta @cienciaactivapadrefeijoo.




viernes, 28 de mayo de 2021

A historia de Ourense é a historia termal

Aproveitamento termal na historia de Ourense! dentro do ciclo de aprendizaxe: Termalismo e Saúde K3 ATS STEM.

A cidade de Ourense nace a beira do ríos Miño e Barbaña e arredor dos manantiais de auga quente para o seu aproveitamento, coma a fonte das Burgas, punto neurálxico da vida dos ourensáns.


 No seguinte enlace dende a materia de Xeografía e Historia traballamos e investigamos o seu aproveitamento ao longo da historia. 

Podemos consultar este enlace en Wakelet: Termalismo e saúde: Colección da evolución histórica do termalismo ourensán.

Enmarcado dentro do proxecto Erasmus+ KA3 ATS STEM


A química da auga termal en Ourense

No seguinte mural podemos observar a composición química das augas termais en Ourense que traballamos dende a materia de física e química. 
Nesta infografía reflexamos os principais compoñentes químicos das nosas augas termais e os representamos nun gráfico que representa a súa proporcionalidade.

Tamén quereos destacar pola labor de investigación a presenza do Selenio nas augas dunhas termas da nosa cidade: A chavasqueira, segundo un estudio da Universidade de Vigo que se publicou en abril do 2015!



O Selenio é un antioxidante para a nosa pel e podemos creer que ten un efecto saudable e rexuvenecedor na pel!

Aprendimos en química moitas curiosidades deste elemento químico:
  • Selenio é un elemento non metálico da familia dos calcóxenos de número 34.
  • Atópase moi distribuído na codia terrestre en forma de seleniuros de elementos pesados en estado de oxidación.
  • Combinado con elementos electronegativos, coma o Flúor, pode presentar tamén estados de oxidación +2, +4 ou +6.
  • Arde no aire con chama azul formando dióxido de selenio. o seu composto máis importante H2Se , un gas incoloro e inflamable de olor desagradable e tóxico que disolto na auga ten carácter ácido.

lunes, 10 de mayo de 2021

O método científico e nós: Construimos unha depuradora xeolóxica?


 Construimos unha depuradora xeolóxica?

Observamos un suceso:

As augas termais que rodean a nosa cidade podemos bebelas e sen embargo non son potabilizadas nen depuradas.

Pensamos e fixémonos interrogantes:

Por que non hai que depuralas?

A Natureza, o solo, as pedras por onde discurren terán algo que ver?

Plantexamos unha hipótese:

Será que as areas, gravas, pedras serven para que se adhiran as partículas en suspensión e por iso saen limpas ademáis de quentes.

Deseñamos un experimento:

  • Construír un sinxelo ARTEFACTO para comprobar a nosa hipótese.
  • Primeiro imos pasear a beira do río Miño preto dalgunhas termas e procedemos a recollida de sedimentos de diferente tamaño.
  • Nunha botella de plástico introducimos de maior a menor diámetro as diferentes partículas rompemdo a base da botella.
  • Recollemos mostras de augas de diferentes lugares, do río, das termas e auga sucia para comprobar se a nosa depuradora xeolóxica funciona.
Extraemos conclusións cos resultados obtidos 
Aprobamos o noso experimento xa que funcionou poidemos ver como en cuestións de segundos unha mostra contaminada atravesaba o noso "artefacto" e saía transparente.
Eureka!
Neste vídeo vemos en 30" un resumo do proceso: