No Día do Medio Ambiente, este ano 2017 adicado a conexión das persoas e a Natureza, os alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO realizan un obradoiro de reciclaxe con escolares de educación infantil. Os estudiantes de 4º de ESO intentan que os nenos e nenas de cinco anos "conecten" co respeto ao medio natural, levando a cabo unha tarefa de aproveitamento de materiais desechables.
Neste obradoiro de educación entre pares, enmarcado na III Semana das Ciencias do colexio, seguíronse os seguintes pasos:
- Recoller botes valeiros de patatas pringles.
- Pensar que podemos facer con eles, cómo aproveitalos.
- Preparar o material que precisamos: papeis adhesivos, tixeiras, letras para os nomes, pegatinas para decorar.
- Listos para ir a aula de infantil.
- Axudados por a profe María José, titora de sexto de infantil, comézase o obradoiro
- Os botes ían a cobrar vida, co nome de cada un e as pegatinas e papeis que se queiran empregar, personalizando cada bote ou "caixa de tesouros" ca imaxinación dos nenos de infatil e os novos profes, unha tarefa chea de cratividade! Educación entre pares!
PRECIOSAS "CAIXAS DE TESOUROS" |
DECORAMOS E POMOS OS NOMES! |
NOVOS PROFES: FABIO, ROCÍO, RAIDA, LIDIA, MARÍA, LETICIA,NOEMI E ANA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario