Páginas

sábado, 11 de noviembre de 2017

A castaña, froita chea de tradición!

A castaña é unha froita seca rica en carbohidratos (40 g por 100 g de porción comestible), vitaminas e minerais, cun baixo contido de graxa (2,6 g). 
Cocidas ou asadas, hai miles de formas de preparar castañas. As castañas pódense tomar cocidas (cocidas en auga e sal, sen a cuncha exterior) ou asadas. Antes de asarlas, tes que cortar na casca para impedir que estean explotando, así asánse nos "magostos" festa popular en Ourense ca que se festexa o outono.                                                                  
Nutrientes que atopamos nas castañas e os seus beneficios:

  • Vitaminas: vitamina E (antioxidante que protexe células, tecidos e órganos) vitamina K (participa na coagulación do sangue e na fabricación de glóbulos vermellos) vitamina B9 (é importante para unha correcta formación de células sanguíneas e axuda na prevención da anemia).
  • Calorías: proporcionan a enerxía necesaria ao noso organismo para poder levar a cabo actividades físicas.
  • Minerales: calcio (é necesario pa manter os ósos fortes e densos) potasio (produce proteínas e controla a actividade eléctrica do corazón) magnesio (participa na relaxación e na contracción muscular).
  • Proteínas: permite construir tecidos que forman os nosos músculos.
  • Carbohidratos: azúcares (axudan o cerebro a desarrollar a súa actividade).
  • Aminoácidos: ácido aspártico (participa na desintoxicación do sangue e protexe o corpo das radiacións) ácido glutámico (axuda na pruducción de enerxía para o cerebro e a controlar o alcoholismo).
Foto wikimedia
En Ourense, pese a ser unha cidade pequena con pouca industria existen empresas que se adican a transformación de castañas en delicatesen coma o marrón glacé ou castaña en almibar, que se comercializa a nivel internacional.

 Aínda que en Galicia ten pouca presencia o seu consumo mais alá dos magostos. Hoxe en día hai campañas de promoción dos produtos autóctonos galegos coma as setas e as castañas nesta época do ano. Incorporándose nas receitas de cociña de autor cada vez máis de moda. 

Este ano en Galicia a producción de castañas foi moi baixa, a causa da escaseza de auga, xa que ainda non superamos a seca dende o verán.

En Xapón ou en Italia a castaña converteuse nun produto moi venerado para o consumo e a partir delas forman cremas, pasteles
(Marron Glacé), helados...

No hay comentarios:

Publicar un comentario