Hermann Minkowski naceu en Aleksotas, Rusia (actualmente Kaunas, Lituania), e cursou os seus estudos en Alemania, onde realizou o seu doctorado en 1885. Durante os seus estudos en Königsberg, en 1883 recibiu o premio de matemáticas da Academia de Ciencias Francesa por un traballo sobre as formas cadráticas. Minkowski impartiu clases nas universidades de Bonn, Gotinga, Königsberg e Zúrich. En Zúrich foi un dos profesores de Einstein.
En 1902 incorporuse ao departamento de matemáticas da universidade de Gotinga colaborando de cerca con David Hilbert.
Foi un matemático que desenvolveu a teoría xeométrica dos números e que fixo numerosas contribucións á teoría dos números, á física matemática e á teoría da relatividade. A súa idea de combinar as tres dimensións do espazo físico coa do tempo nun "espazo Minkowski" de catro dimensións -espazo-tempo - estableceu os fundamentos matemáticos da teoría especial da relatividade de Albert Einstein.
En 1907 percatouse de que a teoría especial da relatividade, presentada por Einstein en 1905 e baseada en traballos anteriores de Lorentz e Poincaré, podía entenderse mellor nunha xeometría non-euclideana sobre un espazo catridimensional, desde entón coñecido como espazo de Minkowski, no que o tempo e o espazo non son entidades separadas senón variables intimamente ligadas no espazo de catro dimensións do espazo-tempo. Neste espazo de Minkowski a transformación de Lorentz adquire o rango dunha propiedade xeométrica do espazo. Esta representación sen dúbida axudou a Einstein nos seus traballos posteriores que culminaron co desenvolvemento da relatividade xeral.
O gran matemático morreu inesperadamente de apendicitis á idade de 44 anos en Göttingen. Para honrar as súas contribucións á ciencia, o asteroide '12493 Minkowski' y 'M-matrices' levan o seu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario