Fuente: GCIENCIA |
Podemos enganar ao cancro?
Grazas aos científicos James P. Allison (Estados Unidos) e Tasuku Honjo (Xapón), gañadores do premio Nobel de Medicina 2018, estamos máis preto de conseguilo.
Allison e Honjo realizaron importantes avances para conseguir que o sistema inmunitario do organismo poida atacar e destruír ás células tumorais.
O investigador estadounidense, Allison, estudou en profundidade unha proteína que actúa como freo no sistema inmune, e caeu na conta de que, ao suprimir este freo, as defensas do organismo humano poden atacar aos tumores. Así, Allison e Honjo demostraron como, con estratexias distintas, é posible inhibir o ‘engano‘ que o cancro produce no sistema inmune para que non neutralice o avance das células tumorais. Uns achados que van ser esenciais na futura loita contra esta doenza.
(Fonte: Información obtida de GCiencia)Neste vídeo podemos ver e escoitar a esencia deste Nobel de Medicina e a explicación desde a Academia sueca que o outorga:
Opinión:
Como autora deste post paréceme unha excelente nova que se recoñeza o traballo destes investigadores na loita contra o cancro que cada día a humanidade combate con máis forza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario