Blog alumnado da ESO do COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJOO- ZORELLE
Páginas
▼
lunes, 10 de diciembre de 2018
Xúpiter e os seus misterios
A nave espacial Juno acaba de confirmar a existencia de algo que leva intrigando aos científicos desde fai case catro décadas: xigantescas ondas de quilómetros de altura sobre a superficie de Xúpiter.
De feito, enormes estruturas de aire en movemento foron detectadas por primeira vez polas misións Voyager da NASA durante as súas sobrevuelos ao planeta xigante en 1979. E agora, a cámara de a bordo da misión Juno tamén as detectou na súa atmosfera. Durante o tempo que estiveron a observar, os investigadores chegaron a ver unha onda que alcanzaba o 10 km de altura, apenas un pouco menos que a altitude de cruceiro dos voos comerciais na Terra.
Aínda que é pronto para dicilo e as ondas están aínda sendo analizadas, os investigadores pensan que a maioría delas son ondas gravitacionais atmosféricas. O descubrimento revela, pois, unha peza máis do crebacabezas que segue sendo a atmosfera de Xúpiter. De feito, un dos obxectivos de Juno é, precisamente, aprender máis sobre o que sucede baixo a grosa capa de nubes giratorias do planeta. Desde que entrou en órbita en 2016, a nave espacial ha realizado xa importantes descubrimentos sobre a composición interior de Xúpiter, os seus fluxos atmosféricos, as súas bandas tormentosas e o seu clima extremo. Na miña opinión, a nave espacial Juno pode conseguir que sepamos moito máis dos planetas que nos rodean e das súas características.
No hay comentarios:
Publicar un comentario