Illa Hunga Tonga |
A historia desta illa é a impresionante,creouse polo poder da Natureza. En 2014 esta illa non existía, e a comezos de 2015, unha erupción volcánica acabou formando un montículo dende o fondo mariño que pasou por riba da superficie. As cinzas uniron dous illotes que xa existían previamente, formando unha única illa cun cono volcánico no centro.
E ata alí foron investigadores da NASA para estudala, xa que este tipo de formacións poden achegar detalles, pola súa semellanza, sobre antigos volcáns de Marte. Nos últimos 150 anos, só tres illas desde estilo emerxeron das augas; a máis famosa delas foi a de Surtsey, preto de Islandia, nos anos 60.
Os primeiros cálculos dos científicos apuntaban a que a erosión das ondas e a chuvia acabaría por destruír a illa, pero aconteceu algo inesperado .Foron formándose outros bancos de area que compensaron estas perdas e actuaron como dique contra a erosión.
A illa podería sobrevivir varias décadas. Con todo, os investigadores traballan arreo para recoller todos os datos posibles por se a illa se esvaece antes do que se pensa.
O equipo, calculou uns posibles escenarioas que afectan na súa vida útil
O primeiro é n caso de erosión acelerada pola abrasió das olas.Isto podería desestabilizar á Illa De Hunga Tonga en seis ou sete anos.O resultado podería ser que quedara só un ponte terrestre entre as dous illas máis vellas.
O segundo escenario supón unha taxa de erosión máis lenta. Isto permitiría que quedarase o lugar intacto durante uns 25 ou 30 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario