Blog alumnado da ESO do COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJOO- ZORELLE
Páginas
▼
viernes, 12 de febrero de 2016
12 Febreiro- Día Mundial de Darwin!
O Día de Darwin é unha celebración instituida para conmemorar o aniversario do nacemento de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1809. Esta celebración pretende resaltar a contribución de Darwin á ciencia e propón a práctica da ciencia en xeral.
Os puntos básicos da Teoría evolutiva de Darwin son:
Elevada capacidad reproductiva das especies, de forma que hay máis descendentes dos que poden sobrevivir, e prodúcese unha loita pola supervivencia.
Hay variabilidade xenética, e decir os individuos obtidos por reproducción sexual son distintos uns de outros.
Actúa o mecanismo da selección natural, a natureza elixe aos individuos máis aptos, éstes sobreviven e se reproducen trasmitindo estas características.
Darwin publicou as súas ideas evolutivas na obra A orixe das especies, precursora da literatura científica e fundamento da teoría da bioloxía evolutiva. Non vos perdades este interesante e actual vídeo editado dende a Universidade de Navarra. Podedes consultar este artigo da revista: Muy Interesante
Xa estudiei o darwinismo e pareceume interesantisimo a entrada despois de estudialo
ResponderEliminar