O día 01 de febreiro, os alumnos de 4ºESO, tivemos a oportunidade de visitar a sala de exposición Afundación de Ourense, na que nos ensinaban a evolución urbana da nosa cidade, dende o século XVI ao século XX.
Esto permitiunos achegarnos aos oríxenes da nosa cidade e a súa historia.
Nesta exposición puidemos percibir dende as primeiras rúas, edificios e outros monumentos, e comparalos a cómo se atopan hoxe en día.
A piques de rematar a exposición, a guía proxectounos un vídeo no cal ía explicando os cambios que se produciron na cidade, século por século, pasando de ser unha pequena cidade a unha gran cidade a como é na actualidade.
É impresionante a forma na que cambiou Ourense nos últimos séculos e cómo se manteñen algúns monumentos.
ResponderEliminar