Como explicou a investigadora Gloria Branco, a maioría dos antitumorais e antibióticos proveñen da natureza. De aí a relevancia desta nova fonte de illamento de bacterias ante o crecente número de patóxenos resistentes aos fármacos de uso clínico. Branco explicou que comezaron a traballar no illamento de bacterias do xénero «Streptomyces» en 2007 a través de líquenes terrestres, para pasar tres anos máis tarde a achalas en ecosistemas de algas nas praias de Gijón ou en medios mariños máis profundos como o Canón de Avilés, a profundidades abisais de 4.700 metros. Posteriormente comezaron a illar as primeiras actinobacterias nas choivas, na saraiba e na neve.
«Despois de ser descubertas durante o século pasado atoparonse en chans e logo asociadas a plantas ou seres vivos e a outros seres vivos como plantas e animais, e agora estámolas atopando na atmosfera», lembrou esta investigadora quen sostén que hai un certo renacemento académico nesta materia.
A presenza das actinobacterias na choiva ten un valor ecolóxico engadido, xa que «todo apunta a que a maioría destas bacterias proceden do océano» Nesta liña, este equipo multidisciplinar propuso un «ciclo ecolóxico», un modelo de diseminación deste tipo de bacterias por terra, mar e aire, seguindo o ciclo hidrolóxico do planeta.
A pesar de que a choiva as veces cansa está claro o importante e necesaria que é!!!!!
ResponderEliminarMoi interesante Xu!