Mostrando entradas con la etiqueta INVESTIGACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INVESTIGACIÓNS. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de diciembre de 2018

Descuberta a forma animal máis antiga

Unha investigación, dirixida por Gordon Love e que publica hoxe a revista “ Nature biology ”, descubriu a evidencia máis antiga da existencia de vida animal no planeta Terra. E o máis importante de todo: esta proba adianta en 100 millóns de anos a aparición dos primeiros animais multicelulares, os animais con esqueleto que apareceron durante un gran brote de vida na Terra que se coñece como a “Explosión Cambrica”. Pero tan interesante como o resultado deste estudo, é sen dúbida o método empregado, porque en lugar de buscar fósiles convencionais, este equipo de científicos estivo rastrexando os signos moleculares da vida animal, os chamados “ biomarcadores ”, desde fai 660 millóns de anos.

Resultados
Estes investigadores conseguiron atopar un composto esteroide producido só por unhas esponxas mariñas, que se cre atópanse entre as formas máis temperás da vida animal.
"Os fósiles moleculares son importantes para rastrexar animais primitivos, xa que as primeiras esponxas probablemente eran moi pequenas, non contiñan un esqueleto e, por tanto, non deixaban un rexistro de fósiles de corpos ben conservados ou facilmente reconocibles", explica o principal investigador deste estudo, Alex Zumberge.

O biomarcador que identificaron ten unha estrutura única que, na actualidade, sábese que está sintetizada por certas especies de esponxas modernas chamadas “ Demosponjas ”. "Este biomarcador é a primeira evidencia de que os animais multicelulares estaban a prosperar nos mares antigos, polo menos, desde fai 635 millóns de anos", conclúe Zumbergue.

Fonte: Cadena Ser

martes, 3 de abril de 2018

Buratos de verme artificiais?

Desde que os descubrimos, a humanidade soñamos e especulamos con saber máis sobre os buratos de verme, con saber porqué aparecen, onde levan, que conectan... Como vimos en recentes películas e series modernas como Interstellar ou Star Trek, estes túneles cósmicos conectan diferentes partes do universo.

Resultado de imagen de agujeros de gusano sin derechos de autor

Para xeralos, habería que manipular a enerxía gravitacional, que ninguén sabe aínda como xerar. Con todo, o electromagnetismo está a facer que varios investigadores propuxesen varios deseños para logralo. 
 O buraco de verme experimental creado polos estudantes da Universidade AAutónoma de Barcelona é unha esfera feita de varias capas: unha externa ferromagnética, unha segunda capa no interior dun material superconductor, e unha peza ferromagnética enrolada en forma de cilindro que cruza de extremo a extremo. a esfera, en termos magnéticos é invisible, indetectable desde o exterior.
 Isto, en principio serviría para diferentes aplicacións, como en medicina, por exemplo obtendo imaxes de resonancia magnética de diferentes partes do corpo simultaneamente. Sen dúbida, un soño non moi afastado para cumprirse!



jueves, 2 de noviembre de 2017

Nobel de Química

  O premio Nobel de Química deste ano, foi outorgado a tres científicos estadounidenses: Joachim Frank, Richard Henderson e Jacques Dubochet; estes foron os creadores da críomicroscopia electrónica, ou como dixo o Secretario Xeral da A academia Nobel, Göran Hamsson,  ´´un método entretido para ver as móleculas.´´ 


OS TRES PREMIADOS.

  Dito método, resolve o problema de non poder observar móleculas biolóxicas no seu entorno natural e sen empregar tintes.
  Consiste en conxelar a mostra cun gas como o nitróxeno líquido ou o propano, con moito coidado de que non se formen cristais de xeo. Jacques Dubochet foi o pai deste proceso que se coñece como vitrificación e que é unha técnica de conxelamiento ultra-rápido que permitía ver con nítidade as moleculas a través do microscopio.
  Richard Henderson, o segundo premiado, foi un pioneiro dende os anos 70, no desenvolvemento de detectores directos de electróns, que permitían observar por primeira vez estas partículas. Pero, o considerado creador da técnica, é Joachim Frank, xa que empregou extensivamente esta técnica para desvelar bacterias e células eucariotas.  


Aquí, tedes un video da entrega do premio Nobel de Química:


miércoles, 8 de febrero de 2017

Muller e Ciencia: Jane Goodall.

Biografía: 

Naceu o 3 de abril de 1934 en Londres. De nena recibiu un xoguete dun chimpancé ó que o seu pai nomeou Jubilee, este xoguete foi o inicio do seu amor polos animais. É coñecida polo seu estudio de 55 anos no Parque Nacional de Gombe Stream (Tanzania).

Aportes destacados ao mundo científico:
Goodall é primatóloga, etóloga, antropóloga e mensaxeira da paz na ONU inglesa.
É coñecida polos seus estudos sobre a vida social e familiar dos chimpancés. Nos primeiros meses de observación Goodall cría que os chimpancés eran vexetarianos, ata que viu a un deles alimentarse dun lechón. Unhas semanas mais tarde viu un chimpancé sentado nun montículo de termitas usando unha sonda larga para pescar termitas dos seus niños.

Premios e recoñecementos: 
- 1984. Premio J.Paul Getty a conservación da Vida Silvestre.
-1985. Premio pola Excelencia Humana, Sociedade Estadounidense para a Prevención da Crueldade Animal.
-1998. Premio Eco Heroe de Animal Kingdom.
-2012. Doutoramento Honorário pola Universidade Nacional de Tsing Hua (Taiwan).