Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de octubre de 2023

A estructura interna da Terra: O modelo Dinámico

                                          A Litosfera 

É a capa sólida superficial da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está constituída pola cortiza (continental e oceánica) e a parte máis superficial do manto superior.

Na zona máis superficial existe unha capa de comportamento ríxido dun espesor de 100 Km, chamada litosfera, a cal inclúe á cortiza e unha rexión chamada manto litosférico que forma parte do manto superior.

 Entre 100 e 250 Km áchase unha zona de comportamento plástico, que corresponde coa canle de baixa velocidade. Esta zona considérase que está formada por materiais parcialmente fundidos. Recibe o nome de astenosfera, e nela orixínanse correntes de convección que determinan a dinámica.



 
  

Estructura Interna da Terra

Litosfera. Capa máis externa e ríxida. Inclúe toda a codia continental e oceánica e o manto superior ríxido.


Manto sublitosférico ou astenosfera. Parte do manto cunha temperatura próxima ao punto de fusión, pero encóntrase en estado sólido, aínda que moi plástico. Chega ata os 670 km.


• Manto inferior ou mesosfera. É unha capa de rochas que tamén se encontran en estado sólido, aínda que máis ríxida ca a parte superior do manto.


• Núcleo externo. É a única capa do interna terrestre que está fundida. Chega ata os 5150 km de profundidade.


• Núcleo interno. Encóntrase en estado sólido, aínda que cunha composición similar ao externo.






domingo, 22 de octubre de 2023

A estrutura interna da Terra

 Xogo en EducaPlay para repasar a estrutura da interna da terra, contesta as preguntas cun sinxelo SI ou NON,  é divertido! 

Comproba o que sabes xogando!

miércoles, 18 de octubre de 2023

Actividade sobre a Deriva Continental

 Achegamos unha actividade de reforzo a lección dada sobre Alfred Wegener. Divírtete xogando ca rá e repasa!

miércoles, 22 de marzo de 2023

A célula

Ola! comparto convosco unha divertida actividade interativa de educaplay para repasar o tema 6 de cara o exame. Espero que vos guste!

 

domingo, 12 de febrero de 2023

O medio ambiente

Ola a todos, a continuación comparto unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar sobre o medio ambiente mediante un test.

Hai que elexir a resposta correcta entre algunhas opcións.

lunes, 19 de diciembre de 2022

Repasando e xogando!

 Ola! Hoxe comparto unha actividade de educaplay que consiste nunhas preguntas tipo test sobre os temas 2,3 e 4 de Bioloxia.

Espero que os guste.

A isostase

  A isostase defende os movementos das montañas na vertical.

Según esta teoría cada montaña  ten unha raíz de material menos denso que a montaña, e esta raíz de material menos denso esta a súa vez, rodeada de material muy denso polo tanto separase polo nivel de compensación. A este equilibrio de flotación conoceselle como isostase.

Un aumento de peso sobre a litosfera pode provocar que se afunda, a este fenómeno chamasmolle subsidencia.


Ao contrario, a erosión ou desxeo en caso de glaciar, reducen o peso polo tanto provoca a elevación da montaña sobre a vertical.

Hai dúas hipoteses:

Na hipotese de Airy afirmase que o grosor dos bloques de densidade na corteza varía e polo tanto as partes mais grosas ascenden.

Na hipótese de Pratt contase con que os bloques varían principalmente en densidad e que as zonas menos densas levantanse sobre as mais densas. 

 



viernes, 16 de diciembre de 2022

As relacións bióticas

As relacións bióticas son as interaccións que se producen nos organismos da biocenose. Poden ser de dous tipos: Intraespecíficas e Interespecíficas.

Tipos de relacións intraespecíficas:

Son as que se establecen entre individuos da mesma especie.

Relacións de competencia: Prodúcese cando dous ou máis individuos compiten por un determinado recurso, como o espazo, a comida, a parella para reproducirse... etc.



Relacións de cooperación: A súa finalidade é a protección das crías, a obtención de alimentos, a obtención de alimentos ou a defensa. Distínguense catro tipos de relacións de cooperación.

Familiares: Establécense entre os proxenitores e a súa descendencia. Por exemplo: Leóns 




Sociais: Constituídas por grupos de individuos independentes e xerarquizados entre si. Por exemplo: Formigas.



Coloniais: Créanse entre individuos que se manteñen unidos e que proveñen dun proxenitor común. Por exemplo: Medusas.



Gregarias: Eatablécese entre individuos para axudarse na procura de alimento, a defensa, reproducirse ou emigrar. Por exemplo: Bancos de peixes.



Tipos de relacións interespecíficas:

Son as que se establecen entre organismos de ditinta especie

Competencia: Tamén existe competencia entre especies distintas polo alimento ou lugar onde reproducirse.



Depredación: Un individuo, o depredador, aliméntase doutro denominado presa.
Por exemplo: lobos e e ovellas.





Mutualismo: Dous ou máis individuos asócianse de forma non permanente nin obrigatoria, para ter un beneficio mutuo. Por exemplo: As aves que se alimentan dos parasitos dos bóvidos. Cando a relación entre especies é tan beneficiosa que non poden poden vivr sen a outra, fálase de simbiose como sucede cos liques, resultado da asociación entre un fungo e unha alga.


Inquilinismo: O inquilino encontra acubillo nalgunha estructura doutro organismo ao que non prexudica nin beneficia. O inquilino resulta beneficiado e ao hospedeiro resúltalle indiferente. Moitas aves establecen esta relación coa árbore en que habitan.

Parasitismo: O parasito, vive a expensas das substancias nutritivas doutro, o hospedeiro, ao que produce dano sen provocarlle a morte porque a súa supervivencia vai ligada á daquel.




 


A continuación ides a ver unha pequena actividade sobre este tema para divertirse mentras aprendes. Espero vos guste.








Fontes das imaxes: Wikipedia
Fonte da información: Libro de Bioloxía

domingo, 11 de diciembre de 2022

Que nos din os fósiles?

Un fósil é calquera resto dun organismo vivo, ou da súa actividade, que chegou ata nós conservado nas rochas. 

* Principais tipos de fósiles
Fósiles corporais: 
1) Partes duras do organismo, parcial ou totalmente mineralizados (cuncha, ósos, dentes, etc). 
2) Partes brandas, como, por exemplo, os mamuts de Siberia.


*Fósiles químicos:
Son substancias químicas de orixe orgánica que quedaron preservadas nos sedimentos.

*Modelos e pegadas: 
1) As partes brandas poden deixar moldes petrificados antes de desaparecer. 
2) As pegadas, icnitas, deixadas por un ser vivo ou pola súa actividade tamén poden fosilizar.

*Outros fósiles: 
Tamén fosilizan os ovos, incluso niños completos, e refugallos, como os coprólitos (feces).

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Bioma

 Un bioma (dos grego «bios», vida), tamén chamado paisaxe bioclimático ou área biótica é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna. Un bioma é o conxunto de ecosistemas característicos dunha zona biogeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan. É a expresión das condicións ecolóxicas do lugar no plano rexional ou continental: o clima e o chan determinan as condicións ecolóxicas ás que responden as comunidades de plantas e animais do bioma en cuestión.


En función da latitude, a temperatura, as precipitacións e a altitude, en definitiva, e das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas de características semellantes; en cada unha desas zonas desenvólvese unha vexetación (fitocenosis) e unha fauna (zoocenosis) que cando están relacionadas, definen un bioma, que comprende as nocións de comunidade e a interacción entre chan, plantas e animais.


Hai diferentes sistemas para a clasificación de biomas, que en xeral adoitan dividir a terra en dous grandes grupos —biomas terrestres e biomas acuáticos-, cun número non demasiado grande de biomas. A escala planetaria, a selva, a sabana, a estepa, o bosque e a tundra son os grandes biomas que caracterizan a biósfera e que teñen unha repartición zonal, é dicir, que non superan certos valores latitudinales. A escala rexional ou continental, os biomas son difíciles de definir, en parte porque existen diferentes patróns e tamén porque as súas fronteiras adoitan ser difusas (véxase o concepto de ecotono).


Os biomas a miúdo son coñecidos polos seus nomes locais. Por exemplo, un bioma do herbal coñécese como pradería en América do Norte, sabana en África, estepa en Asia, pampa en Sudamérica e veld en Sudáfrica.


Os biomas terrestres son descritos pola ciencia da biogeografía. Por extensión, fálase de microbioma para designar a esfera da vida microbiana.



O concepto de bioma non debe confundirse con outros conceptos similares como o de ecozona , hábitat ou ecosistema.1​ As distintas ecorregiones do mundo agrúpanse tanto en biomas como en ecozonas.

Características

Os biomas son áreas definidas climática e xeograficamente, con similares condicións ecolóxicas, tales como as comunidades de plantas e animais,(que a miúdo se nomean como ecosistemas). Os biomas están definidos por factores tales como a estrutura das plantas (árbores, arbustos e herbas), os tipos de follas (folla ancha e folla acicular ou agullas), o espazado das plantas (pechado, aberto) e o clima. A diferenza das ecozonas, os biomas non están definidos por semellanzas xenéticas, taxonómicas ou históricas. Os biomas con frecuencia identifícanse con patróns particulares de sucesión ecolóxica e vexetación clímax (case-estado de equilibrio do ecosistema local). Un ecosistema ten moitos biótopos e un bioma é un tipo maior de hábitat. Un tipo principal de hábitats, con todo, é un compromiso xa que posúe unha falta de homoxeneidade intrínseca.

A biodiversidade característica de cada bioma, especialmente a diversidade da flora e fauna, está en función de factores abióticos que determinan a produtividade da biomasa da vexetación dominante. Nos biomas terrestres, a diversidade de especies tende a correlacionarse positivamente coa produción primaria neta, coa dispoñibilidade de humidade e coa temperatura.

domingo, 30 de octubre de 2022

Estrutura e dinámica da Terra

 Ola! Comparto unha actividade sobre o tema da estrutura e dinámica da Terra. 

A actividade consiste en ordenar letras para formar palabras que respondan as cuestións.



lunes, 17 de octubre de 2022

Alfred Wegener e a hipótese da deriva continental

O astrónomo e meteorólogo alemán Alfred Wegener (1880-1930) foi quen propuxo que os continentes no pasado xeolóxico se unisen nun supercontinente chamado Panxea, que despois se rompería pola deriva continental. O seu libro Entstehung der Kontinente und Ozeane (A formación dos continentes e dos océanos; 1915) recibiu pouco recoñecemento e foi criticado pola falta de probas a favor da deriva, pola ausencia dun mecanismo que a provocase e porque se pensaba que tal deriva, era fisicamente imposible.


                                               


Para apoiar a súa teoría, Wegener presentou moitos indicios e probas, pero non podía explicar cal era a forza capaz de empurralos, polo que suxeriu que podería ser a rotación terrestre.


PROBAS XEOGRAFICAS
O encaixe dos perfís dos continentes, especialmente entre África e América do Sur, fora observado e mencionado por outros autores, como Benjamin Franklin no século XVIII, e Alexander von Humboldt, no XIX

                                                       


PROBAS PALEOCLIMÁTICAS
Un exemplo son as pegadas deixadas por unha antiga glaciación que se produciu hai 300 millons de anos.
A distribución das frechas vermellas indica as direccións dos sinais de erosión do xeo.




PROBAS PALEONTOLÓXICAS
Encontrábanse fósiles de animais e plantas moi similares en continentes diferentes, o que non podía explicarse a non ser que eses continentes estivesen en contacto no pasado.


 

domingo, 16 de octubre de 2022

Estrutura e dinámica da terra

 Ola a todos, a continuación comparto unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar a estrutura e dinámica da terra.

Hai dez preguntas e hai que escoller a opción correcta para cada unha delas.


martes, 21 de junio de 2022

miércoles, 8 de junio de 2022

domingo, 5 de junio de 2022

Cales son os pros e contras da enerxía eólica?

Cales son os pros e contras da enerxía eólica?

A enerxía eólica está definida como aquela que se obtén da enerxía cinética do vento. Desde hai séculos, os seres humanos converteron este tipo de enerxía en enerxía mecánica para navegar a vela ou mover muíños de vento.

Actualmente, emprégase para mover as aspas dos aeroxeradores e así producir enerxía eléctrica.

Vantaxes:
  • É inesgotable e gratuita.
  • Os aeroxeneradores teñen baixo custo de instalación e mantemento.
  • Reduce a dependencia enerxética respecto ás enerxías non renovables.

Inconvenientes:
  • É aleatoria e de difícil almacenaxe se a produción supera demandada.
  • Os aeroxeneradores son perigosos para as aves e producen alteracións visuais da paisaxe.




jueves, 10 de febrero de 2022

Xogo para repasar os pregamentos e as fallas

Hola a todos, déixovos esta actividade para que repasedes os tipos de pregamentos e fallas mentres xogades. É un relaciona! Só tes que arrastrar e atopar a parella correcta!

 Espero que vos guste!

Deixa un comentario ca túa opinión!