domingo, 24 de enero de 2016

Videoconferencia coa lonxana Antártida!



O xoves 21 de xaneiro no Colexio Padre Feijóo poidemos disfrutar dunha videoconferencia coa base militar "Gabriel de Castilla" situada nunha isla chamada isla Decepción. Os alumnos de 4º de ESO, bacharelato e un grupo de 4º de primaria formulamos distintas preguntas. Os conferenciantes foron un militar experto en comunicacións, un responsable de medio ambiente e un científico especializado en sismoloxía. As preguntas foron de distinta índole, algunhas relacionadas co día a día que viven alí os científicos e militares destinados a realizar experimentos e investigacións, outras de carácter biolóxico e xeolóxico, e os estudiantes de primaria centraron o seu interese nos pingüinos.

Deixo algunha foto dos momentos da videoconferencia, que nos resultou moi interesante e na que fixen varias preguntas!
A TVG e Telemiño fixeron reportaxes de esta videoconferencia, déixo os enlaces para que os podades ver:
-Entrevista TVG
-Entrevista Telemiño







2 comentarios:

  1. Foi unha boa conferencia e amosounos a importancia de conservar o noso planeta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme estupendo que vos gustara e o máis importante que nos sensibilicemos coa nosa responsabilidade co medio natural!

      Eliminar