jueves, 7 de octubre de 2021

A lava segue medrando!

Os expertos atribuen a un aumento do caudal da lava ou a apertura ou cierre dun centro de emisión a elevación de 10 centímetros no chan detectada na estación de "Los Llanos", a mais cercana ao cono do volcán da Palma.

O chan medrou  10 centímetros nas últimas vintecatro horas nunha zona preto do cono do volcán da Palma. 

Fuente


Eu penso que a xente que vive alí debe andar moi preocupa,  para min sería imposible dormir e convivir co volcan . 

martes, 5 de octubre de 2021

Que pasará coa lava que chega ao mar da Palma?

A lava da erupción do volcán da Palma está chegando ao mar, pero o que moitos queremos saber é o que pasará con esta.
Principalmente a lava se convertirá en vidrio xa que, ao xuntar o magma a máis de 800 grados e a auga marina a 24 grados esta fragméntase de maneira violenta e repentina. O contraste térmico provoca a solidificación ao tempo que se contrae. Mentras, boa parte do material que está máis en contacto coa auga rompe e despréndese, son os hidroclastos, que son os materiais sólidos que se arroxa nunha explosión pero en versión submarina. O proceso continua mentras siga chegando lava ao mar e a rapidez deste fai que a roca líquida se solidifique sen alcazar a cristalizarse.


Esta recente erupción paréceme unha gran oportunidade para coñecer máis sobre este fenómeno, así que déixovos un ligazón por si queredes profundizar máis no tema.



lunes, 4 de octubre de 2021

O volcán en erupción na Palma. Cómo está afectando ao ecosistema?

 O volcán da Palma segue activo!!

 Expulsando lava, gases e cinzas, como podedes ver na fotografía.

Isto esta afectando gravemente aos ecosistemas e a vida do ser humano:

  •  Alteración no tráfico aéreo.
  •  Dana o ecosistema provocando incendios forestais.
  • Destrución de terreos fértiles, bosques...Degradación de ecosistemas.
  • Impacto social: desaparición de vivendas, perdas económicas, danos na saúde
  •  Contaminando da auga continental.
  • Alteración no ecosistema mariño.
  •  Xenera custosas perdas materiais 
  • Produce gases nocivos, cinsas... que afectan aos pulmóns, á pel e aos ollos das persoas. Xera nerviosismo e moito medo nos habitantes da illa.

Déixovos unha ligazón a un pdf onde se explican os riscos das erupcións  volcánicas aquí.


 Autor da fotografía: 
Eduardo Robaina

* Na miña opinión, a situación que están vivindo as habitantes da illa de Palma é moi dificil e precisan da solidariedade de todos nós.

jueves, 17 de junio de 2021

As Teorías Evolutivas!

Déixovos uns videos aquí das teorías evolutivas para que podamos aprender xuntos!

Estes videos explican de maneira breve as diferezas entre a Teoría de Darwin e a Teoría de Lamarck e o Neodarwinismo.

martes, 1 de junio de 2021

Autovaliando o noso ciclo de aprendizaxe! Termalismo e saúde K3 ATS STEM

 Ao remate do ciclo de aprendizaxe Termalismo e Saúde opinamos sobre os nosos traballos, as ferramentas que empregamos e a nosa opinión sobre a aplicación desta unidade de xeito práctico e transversal en tres materias: Física e química, Xeografía e historia e Bioloxía e xeoloxía.

Avaliamos as ferramentas :


Autoavaliación opinan Harry, Rebeca, Alba, Giancarlo, Joaquín e Uxía :



lunes, 31 de mayo de 2021

Coñecemos as termas próximas ao colexio: As Burgas!

En relación co proxecto K3 ATS STEM que estamos a realizar, visitei As Burgas e fixen este breve TikTok  no que ides poder visitalas conmigo e ver por exemplo a composición química das súas augas. Espero que vos guste!

Ainda que no proxecto temos conta en TikTok para      difundir os nosos traballos de ciencias de xeito diferente, estes vídeos están subidos ao canle en youtube do blog para que sexa máis sinxelo insertalos:





Joaquín, Héctor e Alicia esperamos que vos gustasen os nosos TikTok e nos sigades na conta @cienciaactivapadrefeijoo.




viernes, 28 de mayo de 2021

A historia de Ourense é a historia termal

Aproveitamento termal na historia de Ourense! dentro do ciclo de aprendizaxe: Termalismo e Saúde K3 ATS STEM.

A cidade de Ourense nace a beira do ríos Miño e Barbaña e arredor dos manantiais de auga quente para o seu aproveitamento, coma a fonte das Burgas, punto neurálxico da vida dos ourensáns.


 No seguinte enlace dende a materia de Xeografía e Historia traballamos e investigamos o seu aproveitamento ao longo da historia. 

Podemos consultar este enlace en Wakelet: Termalismo e saúde: Colección da evolución histórica do termalismo ourensán.

Enmarcado dentro do proxecto Erasmus+ KA3 ATS STEM