O ÁCIDO DESOXIRROBONUCLEICO
O ADN, ou ácido desoxirribonucleico, é o material que contén a información hereditaria nos humanos e case todos os demais organismos. Case todas as células do corpo dunha persoa teñen o mesmo ADN. A maior parte atópase no núcleo celular pero tamén se pode atopar unha pequena cantidade de ADN nas mitocondrias. As mitocondrias son estruturas dentro das células que converten a enerxía dos alimentos para que as células póidana utilizar.
A información no ADN almacénase como un código composto por catro basees químicas, adenina (A), guanina (G), citosina (C) e timina (T). A orde ou secuencia destas bases determina a información dispoñible para construír e manter un organismo. As bases de ADN emparéllanse entre si, adenina (A) con timina (T) e citosina (C) con guanina (G); para formar unidades chamadas pares de bases. Cada base tamén está unida a unha molécula de azucre e unha molécula de fosfato. Xuntos (unha base, un azucre e un fosfato) chámanse nucleótidos. Os nucleótidos están dispostos en dous hebras longas que forman unha espiral chamada dobre hélice.
Unha propiedade importante do ADN é que pode replicarse ou facer copias de si mesmo. Cada hebra de ADN na dobre hélice pode servir como patrón para duplicar a secuencia de bases. Isto é fundamental cando as células divídense, porque cada nova célula necesita ter unha copia exacta do ADN presente na célula antiga.
ADN |
No hay comentarios:
Publicar un comentario