células de todos os organismos vivos, desde as bacterias máis simples ata os seres humanos máis complexos. A súa estrutura de dobre hélice, descuberta por James Watson e Francis Crick, é unha obra mestra da natureza, con dúas cadeas entrelazadas de nucleótidos que conteñen as instrucións xenéticas necesarias para o desenvolvemento, o crecemento e o funcionamento dun organismo.
Ciencia Activa, ESO é!
Blog alumnado da ESO do COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJOO- ZORELLE
lunes, 18 de marzo de 2024
O ADN
células de todos os organismos vivos, desde as bacterias máis simples ata os seres humanos máis complexos. A súa estrutura de dobre hélice, descuberta por James Watson e Francis Crick, é unha obra mestra da natureza, con dúas cadeas entrelazadas de nucleótidos que conteñen as instrucións xenéticas necesarias para o desenvolvemento, o crecemento e o funcionamento dun organismo.
domingo, 17 de marzo de 2024
Xogo de células e cromosomas
viernes, 15 de marzo de 2024
Xogo do Universo
Xoga a este divertido xogo do universo no que unes por columnas as palabras coa súa respectiva definición.
¡Sobre todo divírtete aprendendo!
miércoles, 6 de marzo de 2024
As bacterias
A CÉLULA PROCARIOTA
Unha célula procariota é un organismo unicelular, o seu material
genético encóntrase disperso no citoplasma, reunido nunha zona denominada
nucleoide (polo tanto estas células non teñen núcleo verdadeiro). As células
que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa,
chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas.
As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as
eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo
endoplasmático, aparato de Golgi e outros.
Ademais, os organismos formados por células procariotas son
unicelulares, é dicir, formados por unha soa célula, aínda que algunhas poden
formar grandes colonias. Segundo a clasificación do sistema de tres dominios,
os organismos con células procariotas clasifícanse nos dominios Bacteria e
Archaea.
Na clasificación do sistema de dous imperios distinguíase no
que se agrupaban bacterias e arqueas e que coincidía co concepto de reino
Monera doutras clasificacións.
Este tipo de célula consta das seguintes partes:
- Membrana plasmática/celular (na que se atopan os mesosomas)
- Mesosomas (pregamentos da membrana plasmática encargados de realizar a fotosíntese, a nutrición celular, é dicir fabricar enerxía, e axudan na duplicación/repartición de ADN na división celular)
- Parede celular bacteriana (composta por un azucre chamado mureína ou peptidoglicano)
- Cápsula (só a posúen as bacterias patóxenas)
- Nucleoide/ADN circular/Cromosoma bacteriano
- Plásmidos (trozos de ADN, independentes do nucleoide, empregados en enxeñaría xenética)
- Pilis/Fimbrias (estructuras que serven para que as células se comuniquen e podan realizar a TRANSDUCCIÓN. Este proceso baséase en que as pilis funcionen a modo de ponte citoplasmática entre dúas células e estas intercambien plásmidos)
- Flaxelo (serve para a locomoción)
- Ribosomas (conteñen as proteínas)
- Gránulos de reserva
- Citoplasma (composto polo citosol e os orgánulos)
Xogo da modelaxe glaciar
Xoga e divírtete xogando e aprendendo a modelaxe glaciar cun rosco de palabras!
Xogando e aprendendo!