miércoles, 31 de mayo de 2017

Día Mundial Sen Tabaco - 31 de Maio

O 31 de maio celébrase o día Mundial Sen Tabaco pola OMS, unha iniciativa que ten o propósito da abstinencia do consumo de tabaco durante 24 horas arredor do mundo. 
O lema diste ano é :`El tabaco, una amenaza para el desarrollo´.




Nesta campaña tamén se resaltan os riscos que produce o tabaco na nosa saúde e promoven políticas para reducir o seu consumo. Xa que, ao fumar non só son afectados os fumadores, tamén son afectadas as persoas cercanas.

Os principais efectos nocivos de tabaco son:
  - Nicotina: produce a dependencia do tabaco, é o principal compoñente.
  - Monóxido de carbono: é producido pola combustión da hebra do tabaco e       tamén de calquer producto de combustión como o fume dos vehículos.
  - Gases irritantes: afectan ao aparello respiratorio.
  - Substancias canceríxenas: como o Benzopireno que se forma durante a         combustión. 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Día da Internet e as Telecomunicacións!

Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 17 de mayo a campaña deste ano é baixo o lema: "A más datos, mejores resultados". Este día vense celebrando dende 2005 co obxectivo de contribuir a sensibilizar no respecto ao bo uso de Internet e outras tecnoloxías da comunicación, así coma replantexar o sistema para disminuir a brecha dixital.
Dende Ciencia Activa lévase a cabo un proxecto chamado "Couch- Kids" que consiste en explicar a escolares de primaria os riscos que pode ter un uso inadecuado da Internet e as redes sociais. Son os alumnos de secundaria os que fan de "Couch" empregando esta presentación feita por eles.
Na primeira semana de xuño dende o 5 ao 9 durante a Semana das Ciencias porán en práctica este proxecto durante este curso 2016- 2017. Un bo xeito de respetar e coñecer mellor a Sociedade da Información.