jueves, 25 de febrero de 2016

Excursión ao Teatro!



Os alumnos do Padre Feijoo Zorelle e de outros colexios de Ourense tivemos a oportunidade de ir ao Teatro Principal de Ourense, o xoves 16 de febreiro, para ver a obra de teatro titulada "Variedades". Nesta obra de teatro participaban diferentes grupos teatrais escolares de fora de Ourense, un deles dirixido, por un antigo profesor do noso colexio, Afonso. Nesta obra, os actores eran rapaces da nosa idade e máis pequenos, dirixidos polos seus mestres. A obra de teatro asistimos a maioría de alumnos da  ESO e os alumnos de 1º de bac, uns 120 rapaces, acompañados polos profesores. 
Foi unha experiencia moi boa, na obra representaban pequenos fragmentos teatrais con mensaxes sobre as costumes e hábitos de consumo, relacións sociais, problemas ambientais...As representacións en tono irónico e con humor, facían reflexionar sobre problemas e situacións cercanas a nós, coma as redes sociais, as relacións cos amigos e os hábitos de consumo e tamén os impactos no medio ambiente.
Penso que a idea era dun xeito cómico reflexar cómo nos comportamos as persoas e que identificaramos os nosos erros, eran unhas obras para reflexionar sobre moitas actitudes!
Unha actividade cultural e divertida nun fermoso teatro da cidade, desexando voltar pronto!! 

martes, 16 de febrero de 2016

Localizan formacións volcánicas inéditas do Parque Natural da Garrotxa


No Parque Natural da Garrotxa en Girona atopamos as estructuras xeolóxicas volcánicas máis relevantes da Península Ibérica.
Os responsables do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa presentaron unhas formacións inéditas ata agora nesta comarca que se localizan nunhas coadas de lava que se atopan no municipio de Sant Joan lles Fonts.
A superficie que ocupa o achado é dunhas cinco hectáreas, cualificadas como Afloramientos de Interese Xeolóxico do Plan especial da Zona Volcánica da Garrotxa.
As novas formacións pertencen a unha coada de lava depositada neste lugar hai 150.000 anos que se atopa entre outras dúas de 700.000 e 130.000 anos de antigüidade, respectivamente.
A achega é presentada o 5 de febreiro deste 2016  nos medios de comunicación, coñécese como blister e consiste en antigos túneles de lava que a coada creou ao fluír por esta zona e que, agora, están recheos de basalto ou restos de sedimento.

A excesiva presión da gran cantidade de lava que circulou por este lugar provocou unha deformación ou blister no teito dos túneles que xerou pequenos túmulos.
A erosión do río Fluvià na coada deixou ao descuberto estas formacións únicas en toda a zona volcánica da Garrotxa e, agora, o Concello e o Parque Natural colaborarán nos labores de mellora e adecuación deste espazo para permitir a observación do achado.
Ata agora, os traballos consistiron na limpeza das rochas, a mellora do miradoiro e a adecuación dun lugar que acolla ao público, así como dos accesos.



viernes, 12 de febrero de 2016

12 Febreiro- Día Mundial de Darwin!

Charles Darwin 01.jpgO Día de Darwin é unha celebración instituida para conmemorar o aniversario do nacemento de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1809. Esta celebración pretende resaltar a contribución de Darwin á ciencia e propón a práctica da ciencia en xeral.
Os puntos básicos da Teoría evolutiva de  Darwin son:
  • Elevada capacidad reproductiva das especies, de forma que hay máis descendentes dos que poden sobrevivir, e prodúcese unha loita pola supervivencia.
  • Hay variabilidade xenética, e decir os individuos obtidos por reproducción sexual son distintos uns de outros.
  • Actúa o mecanismo da selección natural, a natureza elixe aos individuos máis aptos, éstes sobreviven e se reproducen trasmitindo estas características.
Darwin publicou as súas ideas evolutivas na obra A orixe das especies, precursora da literatura científica e fundamento da teoría da bioloxía evolutiva.
Non vos perdades este interesante e actual vídeo editado dende a Universidade de Navarra. 
Podedes consultar este artigo da revista: Muy Interesante




miércoles, 3 de febrero de 2016

Evolución urbana de Ourense do século XVI ó XX!


 Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX!
 O día 01 de febreiro, os alumnos de 4ºESO, tivemos a oportunidade de visitar a sala de exposición Afundación de Ourense, na que nos ensinaban a evolución urbana da nosa cidade, dende o século XVI ao século XX. 


Esto permitiunos achegarnos aos oríxenes da nosa cidade e a súa historia.


Nesta exposición puidemos percibir dende as primeiras rúas, edificios e outros monumentos, e comparalos a cómo se atopan hoxe en día. 
A piques de rematar a exposición, a guía proxectounos un vídeo no cal ía explicando os cambios que se produciron na cidade, século por século, pasando de ser unha pequena cidade a unha gran cidade a como é na actualidade.
Por último, tivemos que debuxar por equipos como imaxinábamos cada grupo como era un plano de Ourense actual.