martes, 17 de octubre de 2017

Consume auga con moderación, polo ben de todos!

H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA DA TÚA CIDADE! 
 É o título da exposición da Obra social A Caixa e a Fundación AGBAR, que visitamos hoxe no Xardín do Posío de Ourense. Unha exposición interactiva que pretende concienciar e invitar ao público a reflexionar sobre os retos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que hai detrás dun xesto sinxelo como o de abrir unha billa na nosa casa e que saia auga potable! 
4º ESO visita a exposición H2OH!
Os alumnos e alumnas de 4º da ESO queremos concienciar a todos da importancia de xestionar ben os recursos hídricos e non despilfarrar auga! 
Na agricultura, o gasto de auga é enorme pero un sistema de regadío axeitado por goteo garantiza un menor consumo de auga, e na nosa vida diaria hai moitas maneiras de consumir auga de xeito responsable. 
Neste vídeo facémonos eco da campaña de Viaqua e o Concello de Ourense para concienciar a poboación da grave seca que estamos a sufrir. Esperamos que vos guste e entre todos axudemos a aforrar este ben tan preciado:

                                

domingo, 8 de octubre de 2017

Book Trailer en Santiago!

 Unha experiencia cas tics innovadora e formativa!
O pasado 22 de setembro os alumnos e alumnas das clase de 4º de ESO e de 1º de BAC foron á Facultade de Ciencias da USC en Santiago de Compostela a recibir unhas clases tecnolóxicas da man de profesionais do lugar.
Alí os nosos estudiantes reuníronse con alumnos italianos, gregos, portugueses, rumáns y tamén doutros colexios galegos.
Despois de iso dividíuselles en tres grupos para traballar en diferentes aulas. 
O primeiro grupo aprendeu a crear sua propia app, o segundo tivo a sorte de probar a increíble realidade virtual e o terceiro realizou un videoclip de terror.
Pola tarde despois de comer, o autobús os levou ao centro da capital e entraron nun salón de ceremonias onde celebraríanse as votaciónss e posteriormente os premios do "Workshops and Booktrailer Film Festival dentro do Programa Erasmus+".
Na miña opinión foi unha saída moi interesante na que aprendimos moito e ademáis foi moi divertida!





Novos blogueiros!

Contribuíntes do blog de alumnos Ciencia Activa, ESO é!
Neste curso 2017/2018 os alumnos de cuarto da ESO A acollemos a responsabilidade de ser contribuíntes deste blog galardoado co primeiro premio no concurso estatal, Espiral- Edublogs no 2016. 
Continuamos con esta tarefa con entusiasmo e seguros de facelo o mellor que podamos, seguiremos con tódolos traballos desenvolvidos dentro do Proxecto de centro "Ciencia Activa": 
Audios no: Canal de podcasts en ivoox
Educación entre iguais con: Coach kids
Concursos con:Microrrelatos científicos
                             Presentacións Ciencia Activa en slideshare
Manualidades cheas de creatividade: #ArtCienciaActiva
Teatro e ciencia no Festival do Libro con: Aventuras Científicas
Tarefa en twitter: #undiacomahoxe
Vídeos: No noso canal en youtube
Actividades interactivas en : Educaplay
e as redes sociais coma instagram e a páxina en facebook do proxecto.
Esperamos que vos gusten os nosos traballos!
Moitas grazas por seguirnos!