jueves, 22 de marzo de 2018

22 de marzo- Día Mundial da Auga!

O día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga, este ano o lema é
                              
 "LA RESPUESTA ESTÁ EN LA NATURALEZA"

Este ano 2018 é especial porque se cumplen 25 anos da primeira celebración do día da auga, e ademáis porque a súa temática “La naturaleza al servicio del agua”, demostra máis que nunca que a solución aos problemas relacionados ca auga sempre estivo e está ao alcance da nosa man.
  Tamén é un día especial porque hoxe da comezo o Decenio Internacional para a Acción, "Auga para o Desenvolvemento Sostible" proclamado por unanimidade na Asamblea Xeral da ONU. O lanzamento formal deste Decenio da Agua (2018-2028), será unha oportunidade importante para que a comunidad internacional reitere o seu compromiso de lograr os obxetivos e metas relacionados ca auga.

Non deixes de escoitar este audio onde alumnado da ESO e a profesora de bioloxía de 1º ESO, Rosa Mª Pérez reflexionan sobre a importancia deste recurso e do seu Día Mundial:


 
Na maioría dos países pouco desenvolvidos a carencia de auga potable é unha grave e dramática realidade. Como podemos escoitar no podcast somos afortunados por ter abundante auga potable para concumir e ademáis vivimos nunha cidade onde a auga é protagonista da paisaxe, o clima, o termalismo e a enerxía. Coidemos a auga, coidemos a natureza e nos coidamos a todos!

Aquí temos o vídeo oficial do Día da Auga 2018, Feliz Día da Auga!



miércoles, 14 de marzo de 2018

Finou o pai da radiación Hawking! :-(

Esta pasada noite finou na sua casa de Cambridge no Reino Unido o físico teórico e pai da teoría da emisión de radiación polos buracos negros, Stephen Hawking.

 A maiores de ser unha das grandes mentes da nosa época e ser un grandísimo físico teórico, é recoñecido coma un dos mais grandes divulgadores de ciencia dos derradeiros tempos.

Hawking tiña un fino sentido do humor e bromeaba coa sua enfermidade (ELA), participou en series en múltiples ocasións facendo de si mesmo, tanto en series de debuxos animados coma Os Simpson, coma en sitcoms famosas coma The Big Bang Theory.

Neste vídeo o propio Hawking explica a sua teoría dos buracos negros:


O científico visitou en varias ocasións a nosa terra, e gustoulle, gustoulle moito, tanto que cedeu o seu nome o IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela para que creasen un premio científico co seu nome.

Hoxe a ciencia está de loito!

D.E.P Sr. Hawking