lunes, 13 de junio de 2016

Somos o primeiro premio!!!!

Diego, Bea e Xu co premio!
Ciencia Activa, ESO é! gañador na X Edición Espiral Edublogs da "Peonza Dourada", na categoría de alumnos de secundaria!
Momentos felices e moi emotivos, os vividos na entrega de premios este pasado sábado día 11 de xuño en Media Lab- Prado (Madrid). Xu, Diego e Bea recollen a peonza en nome de tod@s e teñen a sorte de asistir a charla de Juanmi Muñoz sobre a evolución da educación e a historia de Espiral- Edublogs.
Somos afortunados de contar con este recoñecemento que fai que teñamos un extraordinario remate de curso. A prensa local fíxose eco da nova: "La Región"

Engadir que a representación do blog en Madrid poido asistir á comida con outros galardoados, os membros do xurado e con Juanmi Muñoz, estupendo conversador co que compartimos mesa e conversas, sempre enriquecedoras. 

Agradecémoslle a súa amabilidade e cordialidade!
Juanmi Muñoz e os representantes de Ciencia Activa, ESO é!

No seguinte vídeo vemos o momento no que recollen o premio Xu, Diego e Bea:

jueves, 9 de junio de 2016

Destino Madrid!






Os escolares de infantil de 5 anos, cos que participamos no proxecto "Novos profes- pequenos científicos", deséxannos sorte dun xeito moi emotivo, xa que fixeron axudados pola súa profe Mª José un cartel precioso cargado de sorrisos e ledicia, onde cada un adicóunolo co seu nome! 
      
GRAZAS!  CANTO CARIÑO E ENERXÍA POSITIVA!   
                         



Una representación dos contribuíntes do blog (Xu, Diego e Bea), viaxarán a Madrid a recoller a nosa peonza, non sabemos cal será, pero a que sexa é a nosaaaaaaa!!!!
Nesta foto recollemos o momento no que todos desexamos sorte e boa viaxe aos representantes de recoller o premio en MediaLab- Prado. Entre uns 800 blogs estar entre os 32 premiados é unha honra, moitas grazas á organización e xurado da X Edición Espiral Edublog!

                   

Parécenos incrible ter este recoñecemento ao noso blog, estamos moi ledos e agradecidos!
Grazas á dirección do noso colexio por apoiarnos, felicitarnos e facilitarnos a viaxe!                 

jueves, 2 de junio de 2016

Participamos na II Semana da Ciencia do colexio!

No colexio Padre Feijoo- Zorelle adicamos esta semana a expór os traballos máis representativos de tódolos niveis educativos nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía. Os traballos dos alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO, é! tiveron moita presenza nesta semana da ciencia, resumimos a nosa participación:



Exposicións:
#ArtCienciaActiva con todos os traballos feitos durante o curso con chuches e plastilina, destacando un "Body Anatomy" grande cas principais partes do corpo en inglés e en galego. Proceso: Debuxar a silueta cos órganos, recortala e pegala nun taboeiro de 1,70 m, comezar a pegar chuches e plastilina, facer os carteis e plastificalos, colocalos no lugar correcto e indicar con frechas feitas con cintas de raso, facer letras de goma eva e incorporar nunha base para levar ao hall do colexio. 
Moito coidado de non podemos etiquetar con erros os órganos, somos responsables da aprendizaxe de outros escolares que van a ver os nosos traballo!
                                                                                


Charla- Obradoiro sobre a calidade das augas a cargo da bióloga experta en análises de augas, Mª Luz García Nocelo. 
Medimos pH, dureza e nitratos en distintas mostras de augas no laboratorio de química, ao rematar a primeira parte, a charla, que foi na aula onde explicou unha presentación sobre a calidade das augas e os análises que fan no entorno da nosa cidade, coma o estudio da augas do río Miño ao paso por Ourense ou as do embalse de Cachamuiña que abastece a cidade.
 Moi instructivo!

Proxecto: Novos profes- pequenos científicos, os alumnos de Ciencia Activa de ESO e Bac diseñamos prácticasde laboratorio para ne@s de 1º e 2º de primaria sobre densidades, cómo pipetear, hinchar un globo sen soplar, cómo un ovo pode encoller e entrar na botella...                                                             Educación entre iguais!



          

Videoconferencia coa Universidade de Hasselt en Bélxica coa doutora en física Patricia Losada que nos falou das aplicacións da física na medicina e respondeu a todas as nosas dúbidas e curiosidades sobre a investigación actual en España e o resto de Europa. Patricia tamén nos presentou a algúns becarios investigadores de diferentes países, a algúns ela lle diríxelle a tese 
Moi interesante e un bó exemplo para nós!  
Moitas grazas a Patricia Losada por outras colaboracións co noso proxecto coma no audio que nos explica as ondas gravitacionais! 
                                                                                                          


Conferencia sobre Informática e as aplicacións en medicina a cargo de Xosé Antón Vila Sobrino director do CITI (Centro de investigación, transferencia e innovación da Universidade de Vigo). 
Xosé Antón visitou a nosa exposición e falounos de como a informática axuda nos diagnósticos, na interpretación de resultados e nas investigacións que están a levar a cabo en colaboración con cardiólogos e psiquiatras ourensáns.
Unha sorte poder estar en contacto con tan bós profesionais que nos permiten abrir o cole ao mundo!
                     
                        
                 
       

Entrevista de Isabel e Víctor.
 No seguinte audio ao rematar a conferencia de xeito breve e rápido poidemos facer unhas preguntas a Xosé Antón Vila para o noso canal de podcast.
Moitas grazas a Xosé Antón polo seu tempo e a súa amabilidade!
Para tod@s os alumn@s é unha oportunidade magnífica poder estar en contacto con profesionais destacados no eido da investigación coma Patricia e Xosé Antón.




Os alumnos de Ciencia Activa ESO é! puxemos un pequeno stand para que na semana da ciencia, o entrar e o saír do colexio poideran acceder o noso blog e tamén o blog dos nosos compañeiras de BAC. Fixemos esta foto remate da II Semana da Ciencia.

"Coach- Kids": Por un bó uso do internet!

Os alumnos de 4º da ESO participamos nunha tarefa educativa que chamanos "Coach-Kids" e consiste en informarnos ben dos perigos de internet para os menores, empregando webs de recursos axeitados e supervisados pola nosa profesora. A continuación por grupos deseñamos que temas imos a tratar e expór as nenas e nenos dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.


Elaboramos a seguinte presentación na que facemos recomendacións e advertimos dos perigos dun uso inadecuado das redes sociais e da internet en xeral.
Con motivo do Día das Telecomunicacións o 17 de maio levaremos a práctica o noso proxecto "Coach- Kids":
Educación entre iguais!