martes, 27 de febrero de 2018

3, 2, 1...Comezamos as actividades para o V Festival do Libro!

Teatro e Ciencia no V Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle.
Este ano baixo o lema ''Un libro, un amigo'' o alumnado de ESO e BAC dende Ciencia Activa comezamos a organizar as representacións teatrais de científicos, este ano serán: Fleming, Edison, Hypatia de Alejandría, Ada Byron, Madam Curie, Ramón y Cajal, Einstein y Severo Ochoa.
Temos moito traballo por diante!
Traballaremos en equipo, os alumnos/as de bac deseñan os sckechts teatrais, os alumnos de eso canción e baile para presentar a Fleming e moitas sorpresas máis...







Alimentación e nutrición!

Unha das tarefas que desenvolvemos dentro da materia de Bioloxía e xeoloxía e a elaboración de presentacións e audiovisuais que reforcen o estudiado nas clases. Así neste vídeo Agustín David Da Silva Rodriguez, alumno de 3º de ESO A, o explica dun xeito ameno e claro. Lembrando que unha dieta é o conxunto de alimentos que inxerimos e que os alimentos agrúpanse en tres grandes grupos: Enerxéticos, Plásticos e Reguladores. Non podemos esquecer que nos alimentamos e respiramos cun único fin: A nutrición celular, e dicir obter enerxía para poder desempeñar as funcións vitais de todo ser vivo.