Ferramentas 2.0

Ferramentas da web 2.0 empregadas neste blog:

ISSUUÉ un servicio en línea que permite visualizar material dixitalizado electrónicamente como libros, portafolios, revistas... Usámolo para subir microrrelatos científicos feitos por alumnos.
 
LIVESTREAM: É un servicio streaming de vídeo, e nós empregámolo para comentar novas científicas nun canal TV. Tamén facémonos eco das actividades e outros proxectos que se realizan no Colexio. 
 
IVOOX: Unha plataforma para reproducir, descargar e compartir audios de todo tipo de temática e xéneros. Temos un canal de podcast en Ivoox, para novas de ciencia e actualidade do colexio.
 
SLIDESHARE: Servicio para publicar e compartir presentacións e outros documentos. Empregámolo para subir as nosas presentacións.
 
YOUTUBE: Sitio web para subir e compartir vídeos, moi popular por manexo doado, e tamén o empregamos coma buscador de vídeos. Temos un canal con listas de reproducción con audiovisuais feitos por nós.
 
EDUCAPLAY: Portal de creación de actividades educativas coma crucigramas, sopa de letras, mapas interactivos e outras.
 
TWITTER: Servicio de microblogging que permite mensaxes curtos, empregámolo con hashtag para o desenvolvemento de tarefas. Facemos #undiacomahoxe durante todo o curso.
 
EASEL.LY: Ferramenta que permite a elaboración de infografías on-line sen necesidade de rexistrarse.
 
ANIMOTO: Ferramenta para crear vídeos a partir de fotos, de uso sinxelo e resultados vistosos. Usámola para editar fotos de charlas e conferencias feitas no colexio, e tamén para editar videopoemas.
 
KIZOA: Permite crear diapositivas con efectos, textos, animaciones, música, composiciones. Usámola para editar fotos de charlas e conferencias feitas no colexio, tamén para editar videopoemas. E editamos vídeos a partir de fotos para resumir algunha tarefa con imaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario