sábado, 26 de septiembre de 2015

Eclipse total e superlúa!

Na madrugada do próximo luns 28 de setembro terá lugar unha eclipse lunar acompañado dunha superlúa, ambos fenómenos son pouco frecuentes, de xeito que dende 1900 só se produciron en  cinco ocasións: no 1902,1928,1946, 1964 e 1982.


Superlúa
O primeiro dos fenómenos, o de superlúa prodúcese cando unha Lúa chea está a unha distancia mínima da Terra. Neste momento a Lúa é un 14% maior do habitual e un 30% máis brillante. Este fenómeno, faise moito máis notable cando vemos ao noso satélite aparecer polo horizonte e podemos tomar referencias como edificios, montañas, árbores, etc. Unha vez alta no ceo, é difícil diferenciar o seu tamaño maior, ca o doutras lúas normais.
Isto ocorre porque a distancia da Lúa á Terra varía constantemente, xa que a Lúa non ten unha órbita circular, senón elíptica de tal forma que na súa máxima distancia ao noso planeta chega a alcanzar o 406.700 km e a mínima é de 356.400 km. Isto fai que en ocasións a Lúa vexámola máis grande ou máis pequena. No caso desta eclipse, a Lúa estará a 363.700 km da Terra. Teremos que esperar ata o ano 2033 para ver outra eclipse de Lúa con superlúa!

Eclipse total
O segundo dos fenómenos, o da eclipse total, ocorre cando se produce unha perfecta aliñación entre o Sol, a Terra e a Lúa, o noso planeta proxecta no espazo unha sombra e unha penumbra (unha sombra menos escura) ao seu redor, pola que a Lúa ten que pasar no seu movemento orbital ao redor do noso planeta.
A sombra, que é o lugar onde comeza a desaparecer a Lúa, xa que a penumbra é demasiado clara para percibir a ollo espido como mingua a luz do noso satélite, ocupa unha gran extensión do ceo, dun 9.200 km. A nosa Lúa con todo mide 3.476 km de diámetro, polo que a sombra é unhas 2,65 veces maior que a Lúa. Isto sumado a que a Lúa viaxa ao redor da Terra a unha velocidade media de 3.683 km/h, fai que o paso pola sombra do noso satélite sexa prolongado no tempo, no caso que nos ocupa e debido a que a Lúa non pasa polo centro da sombra, a fase da totalidade durará 1 hora e 12 minutos, mentres que o paso pola penumbra será de 3 horas e 20 minutos.

Eclipse con superlúa
A eclipse total de Lúa do 28 de setembro é o segundo de 2015 e o último da unha tétrada (4 eclipses de totais de Lúa) que comezou o 15 de abril de 2014 e que continuou coa eclipse do 8 de outubro do mesmo ano e co do 4 de abril de 2015.



miércoles, 23 de septiembre de 2015

Celébrase a primeira feira de drones en España!

 Os próximos 24 e 25 de setembro na Feira de Zaragoza "Expodrónica" a primeira feira internacional de drones civís que se celebra en España.  Coa participación de setenta expositores de países como China, Estados Unidos, Suecia, Francia, Suiza, Bélgica, Reino Unido e sobre todo España.
 España está experimentando un forte crecemento no mercado dos drones civís. . Desenvolverase nun sitio con amplas medidas de seguridade! Espazos completamente valados e con mallas. Con motivo de extremar as medidas de seguridade á entrada que é gratuita, estará prohibida aos menores de 16 anos.
Os drones teñen actualmente moitas utilidades coma control de incendios, cosechas, concertos, transporte de tecidos... E cada vez atópanse mais aplicacións pero non son xoguetes! É preciso cumplir as normas e lexislacións que regulan o seu uso!


martes, 15 de septiembre de 2015

Benvidos a "Ciencia Activa, ESO é!"

 Ciencia Activa, ESO é!                      
É un blog de alumnos de secundaria no que os contribuíntes que publican os post son os alumnos de 3º e 4º de secundaria que de xeito voluntario xestionan as entradas do blog coordinados pola profesora de bioloxía e xeoloxía.

O blog recollerá participacións dos alumnos de toda a ESO do colexio, nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía, que participan no canal de podcast do blog e no canal TV en streaming, dirixidos polos seus profes de ciencias, así coma noutros proxectos de Ciencia Activa do colexio coma: 
 Microrrelatos científicos, Aventuras Científicas, Coñecendo ao ADN, Colaboracións Postcrossing, #ArtCienciaActiva, Coach Kids-CienciaActiva, Semana da Ciencia ou Novos profes- pequenos científicos.

O blog de alumnos é unha plataforma para mostrar os traballos dos alumnos na área das ciencias. O blog tamén é un instrumento a través do que o profesorado proporá tarefas aos alumnos/as. Destacaremos o uso de diferentes ferramentas 2.0 co fin de desenvolver unha aprendizaxe mais activa e participativa, na que sexan os estudiantes os que se acheguen ao coñecemento por eles mesmos.
 É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións, que explican aos compañeiros a través das pizarras dixitais na aula.
Ciencia Activa é unha fiestra dende as clases de ciencias e bioloxía ó resto da comunidade educativa, pais, profesores e outros alumnos do Centro. O feito de estar presente o enlace do blog e do canal de ivoox, na web e redes sociais do Colexio, tamén  motiva ós alumnos a traballar nel.
Desexamos con este proxecto fomentar o traballo en equipo, así como participar de xeito cooperativo con outros proxectos do Centro, e aumentar as inquietudes polo aprendizaxe, a creatividade e a curiosidade de tod@s.
Ánimo e a investigar!