martes, 30 de marzo de 2021

domingo, 21 de marzo de 2021

A auga no teu entorno: Termalismo e saúde”

"A auga no teu entorno:  Termalismo e saúde” 
4. Construír:

Explicar nun audio os beneficios para a saúde das augas termais. Ferramentas empregadas: Audacity para gravar o audio e Ivoox para subilo podcast ao canle do proxecto Ciencia Activa.

Audios explicados polo equipo formado por Bruno Ulloa e Carlos Arroyo de 4º ESO A que comentan algúns beneficios das augas termais de Ourense para o ciclo de aprendizaxe A auga no teu entorno: termalismo e Saúde dentro do programa Erasmus K3 ATS STEM (dende a materia de bioloxía e xeoloxía, e con contidos transversais en Xeografía e Historia e Física e química) CPR Plurilingüe Padre feijoo Zorellede 4º ESO académicas.

    

jueves, 11 de marzo de 2021

APRENDEMOS XOGANDO

 Aquí vos deixo   un divertido rosco para seguir aprendendo sobre o termalismo. Sorte,espero que sexades capaces de completálo 

Estamos traballando no ciclo de aprendizaxe, A auga no teu entorno: Termalismo e saúde. Con esta actividade realizamos unha coavaliación sobre esta unidade didáctica

miércoles, 10 de marzo de 2021

Beneficios das augas termáis para a saude


Algunhas augas termáis están ao aire libre.


Outras pódense atopar en balnearios.


 As opcións son diversas. Ademáis a auga é morna, polo que podes usala incluso no inverno!

Dependendo da súa orixe, as augas terán un conxunto de minerais ou outros, polo que é conveniente probar diferentes lugares para obter o máximo beneficio das súas propiedades.

  • Cando nos mergullamos nestas augas, que adoitan estar a unha temperatura elevada, os seus minerais entran en contacto coa nosa pel abrindo os poros e permitindolle que absorba todas as súas propiedades
  • Un dos beneficios para a saúde das augas termáis é que axudan a liberar a tensión no corpo e relaxala.
  • Estas augas tamén relaxan aquelas partes do corpo que poden experimentar algún tipo de inflamación.
  • Hay moita xente que padece problemas de pel as augas termáis pode axudalos a mellorar o estado da pel.
  • Además espanta o sono: cando estás somnolento, vota auga termal na cara, a frescura causada polo produto é tan eficiente como a cafeina, axudando a espertarte.

martes, 9 de marzo de 2021

Poñémoste a proba!

 Alicia e Uxía realizamos un test xeral sobre o termalismo e a saúde, relacionado co proxecto Erasmus + K3 ATS STEM no que estamos participando para poñer a proba os nosos coñecementos sobre este tema.

Esperamos que vos guste! Moita sorte!

Visita á fonte termal das Burgas!


Realizando a tarefa da materia de Bioloxía relacionada co proxecto europeo K3 ATS STEM, o outro día visitei a fonte de agua termal das Burgas da miña provincia. Trátase dun dos espazos máis emblemáticos e queridos da cidade. Aquí naceu o antigo Aquis Aurienses ("augas douradas"), un asentamento romano formado ao redor deste mananciais mineromedicinais que hoxe en día continúan a fluír a máis de 60ºC no corazón do Centro Histórico.

Aquí hai séculos que conviven a curación, o lecer e o culto; foi o lugar de encontro dos seus habitantes, a orixe das lendas, un marco literario e unha colección de postais interminables. Polo tanto, non é casual que Ourense sexa coñecida como a «Cidade das Burgas». Ademais, foi un centro de peregrinación na antigüidade e un dos santuarios indíxenas máis importantes da península.

O trazado actual das Burgas, declarado Ben de Interese Cultural en 2007, débese a un longo proceso de obras e reformas realizadas recentemente e que hoxe nos permiten gozar deste espazo na súa plenitude: un punto de encontro coa historia e o memoria de Ourense.

A continuación déixovos unha fotografía do cartel que informa sobre a composición química da auga da fonte das Burgas.



Para rematar, déixovos unhas fotografías que representan a recollida de mostras de auga da fonte que collín para elaborar o noso proxecto!



lunes, 8 de marzo de 2021

Beneficios das Augas Termais na Saúde


Ourense, coñecida como "Cidade das Burgas" polas súas famosas augas termais, fontes de saúde, beleza e benestar.
Estas augas minerais que nacen do chan son coñecidas en todo o mundo polas súas propiedades curativas, úsanse como tratamento terapéutico para varias enfermidades. Entre os seus diversos beneficios, segundo estudos, a súa temperatura axuda a matar xermes, incluídos virus, tamén axuda a disolver e eliminar as toxinas do corpo, aumenta a circulación sanguínea e a osixenación.
Tamén estimula o sistema inmunitario, aumenta o metabolismo, é beneficioso para a relaxación mental. E en canto á pel, é ideal para psoríase, dermatite, micose e ás veces axuda a curar feridas; sen esquecer que retardan o proceso de envellecemento.
En conclusión, as augas termais son beneficiosas para tratar enfermidades crónicas como:
Enfermidades reumáticas
Neuroparálise central e periférica
Algunhas enfermidades metabólicas como a diabetes, a obesidade...
Trastornos gastrointestinais
Enfermidades respiratorias leves
Problemas de circulación
Enfermidades da pel
Estrés
Secuelas traumáticas

A pesar de todos estes beneficios, as augas termais poden ter contraindicacións, polo que é recomendable consultar co seu médico antes de usalas. 
Sabendo todo isto e o preto que estamos, xa tes escusa para visitalos



Rosco do termalismo!


Aquí temos un rosco de palabras do termalismo creado por Jaime e Rebeca, alumnos de 4º ESO A. Os animamos a facelo e así podedes aprender máis cousas relacionadas con este tema que é moi interesante. Boa Sorte!


O termalismo en Ourense

Bos días tráiovos unha actividade moi divertida nas termas de Ourense. Esta actividade a fixe eu (Angelo) e o meu compañiro Héctor espero que vos guste e o pasedes ben.



miércoles, 3 de marzo de 2021

O termalismo en Ourense

Ourense capital termal !

 A cidade de Ourense destaca polas súas augas : termas , ríos e manantiais. Destacaremos os principais manatiais termais na cidade entre eles atopamos.

1.As Burgas (Fonte) - Mananciais termais a 67ºC coñcidos desde tempos romanos son, pra moitos,o punto onde naceu a cidade.



2.As Burgas (Termas) - Piscina 200m de augas termais a 37ºC


3.A Chavasqueira (Estación termal) - Circuito lúdico-termal xaponés inspirado na cultura Onsen conta con tres piscinas termais exteriores a 41ºC


4.A Chavasqueira (Termas) - Conxunto de pequenas piscinas naturais a 67ºC



5.O Tinteiro (Fonte) - Fonte termal moi popular e prezada da cidade polas propiedades beneficiosas das súas augas para a pel atópase a 45ºC

6.Reza (Fonte) - Con propiedades moi similares a fonte do tinteiro atópase a 32ºC

7.Muíño da Vella (Termas) - Conxunto termal construido ao pé dun antiguo muíño de auga con acea , conta con cinco piscinas exteriores alimentadas por algúns dos mananciais termais con maior temperatura da península atópase a 72ºC

8.Outariz(Estación termal) - O recinto de varias termas exteriores e interiores organizadas en dous circuitos ; o Zen e o Celta atópase a 50ºC

9.Outariz e Canedo (Termas) - A zona termal máis grande da cidade, conta con dous conxuntos de piscinas termais ao aire libre nunha gran área recreativa axardinada

O equipo formado por Ibrahima,Rebeca e Harry obtivo esta información tras visitar a oficina de turismo de ourense 

Auga termal en Ourense

Os alumnos de 4º ESO A estamos levando a cabo o proxecto relacionado co Termalismo en Ourense, encadrado dentro do curso de formación Erasmus+ K3 ATS STEM. Joaquín e Jaime os deixan unha presentación feita en Power Point. Esperamos que vos guste!