lunes, 24 de octubre de 2016

O Premio Nobel de Medicina!

Yoshinori Osumi 201511.jpgA Academia Sueca decidiu distinguir co Premio Nobel de Medicina neste 2016, ao investigador xaponés Yoshinori Ohsumi (Fukuoka, Xapón). A nova publicouse este 3 de octubro, nun comunicado, e o xurado sinalou que a elección debese aos seus descubrimentos sobre os mecanismos da autofagia , un proceso que encargase da degradación e o reciclaxe de componentes celulares. 
Grazas a Ohsumi, o investigador do Instituto de Tecnoloxía de Tokio, descubríronse os mecanismos últimos que permiten ese proceso. En concreto, nos experimentos con levadura, o científico japonés identificou xens esenciais para a autofagia, coñecidos como reguladores moleculares ATG.
Podemos repasar os termos básicos sobre que é un lisosoma, a súa orixe e función no seguinte enlace de Ministerio de Educación: Proxecto Biosfera e poder entender mellor as aportacións de Ohsumi. 
Os seus descobrementos marcaron un antes e un despois no coñecemento do reciclaxe celular e permitiron constactar a importancia da autofagia en innumerables procesos fisiológicos, como a resposta celular ao estrés. A autofagia está involucrada nas principais enfermidades que nos afectan, como o cancro, a diabetes o as enfermidades neurodexenerativas.Boya alaba a elección de Oshumi pola Academia sueca, non só pola importancia da súa achega, senón "pola xenerosidade coa que o equipo xaponés compartiu os reactivos e toda a información que obtiveron. O seu equipo é un dos distintos grupos que nos últimos anos comezaban a estudar cómo determinados fallos na autofagia tradúcense na acumulación anormal de certas proteínas que son características de enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson e o Alzheimer.
Neste vídeo pódese apreciar a explicación do que é a autofagia e todo o que nos repercute na nosa vida.

                       

viernes, 7 de octubre de 2016

8 de outubro: Día da Ciencia de Galicia!

O día 8 de outubro adícase a conmemorar o Día da Ciencia en Galicia!
Coincidindo ca data do nacemento do célebre ourensán Padre Feijoo, considerado o primeiro científico galego.
No colexio adicamos un proxecto de centro a súa figura como homenaxe no ano 2014 cando fixo 250 anos do seu falecemento. Non deixedes de consultar o blog adicado á súa figura, con traballos feitos por alumnos/as de todos os niveis educativos no centro: PROXECTO PADRE FEIJOO
Neste vídeo María Fabio e Lidia explican á importancia de conmemorar a Ciencia en Galicia e como os alumnos e alumnas de Ciencia Activa do Colexio conmemoran este día:

A Santiaguina

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano 2016 o Día da Ciencia de Galicia a, D. Ignacio Rivas Marques. 
Químico e galego de adopción, centrou as súas achegas no eido da química orgánica, sustancias coma santiaguina, pontevedrina, ourensina ou coruñina foron algunhas das súas achegas a partir da flora autóctona galega.

Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:


Nesta sopa de letras grazas a Arkaitz de 4º da ESO A, podedes xogar e lembrar outros homenaxeados neste Día da Ciencia en Galicia:

Día de la ciencia en Galicia