Novos Profes-Pequenos Científicos

Proxecto "Novos profes-Pequenos Científicos", é un proxecto que consiste na colaboración entre alumnos de distintos niveis educativos co fin de facilitar a aprendizaxe e despertar a motivación pola investigación e o traballo en equipo.
Vense a realizar no colexio dende fai catro anos grazas á profesora coordinadora de infantil e a profesora de bioloxía, coordinadora de Ciencia Activa.
O proxecto comeza:
  1. Búsqueda de experimentos sinxelos por parte dos alumnos de secundaria mandados dende a materia de bioloxía, en grupos de 2 ou 3 alumnos.
  2. Rematada a búsqueda cada equipo proponos na aula. 
  3. Mediante unha choiva de ideas os estudiantes suxieren e seleccionan as experiencias máis atractivas, tendo en conta que as terán que executar con nen@s de educación infantil.
  4. Unha vez feita a selección, faise o diseño da práctica: Título, material, obxectivo, procedemento, conclusións.
  5. A continuación no laboratorio localízase o material necesario, e un grupo de alumnos( aprox. 6-8 alumnos) encárganse de organizar as prácticas nas mesas do laboratorio e ter todo preparado.
  6. Agora queda concretar quens serán os  "novos profes", de xeito voluntario por parellas distribúesen as experiencias a realizar cos nenos pequenos.
  7. É moi importante practicar supervisados pola profesora, a linguaxe o tono de voz e o xeito co que temos que dirixirnos aos cativos.
  8. Namentres na aula de infantil, a mestra leva días falándolle aos nenos do laboratorio e da actividade que van a realizar nel cos novos profes. Sempre supervisados polas profes de infantil e secundaria.
  9. Chega o día! Os cativos de infantil e a súa profe son recibidos no laboratorio de bioloxía, os alumnos de secundaria xa son os encargados de explicar, realizar e atraer a atención dos pequenos. 
  10. Fascinante ver con que interese atenden e cómo os "profes" estanse a desenvolver:

"O globo que non se pincha"
"Medindo líquidos"

"A botella máxica só se vacía se soplas!"


1 comentario:

  1. Los peques aprendieron mucho y se lo pasaraon genial! Sois unos fantásticos profesores.

    ResponderEliminar