martes, 15 de septiembre de 2015

Benvidos a "Ciencia Activa, ESO é!"

 Ciencia Activa, ESO é!                      
É un blog de alumnos de secundaria no que os contribuíntes que publican os post son os alumnos de 3º e 4º de secundaria que de xeito voluntario xestionan as entradas do blog coordinados pola profesora de bioloxía e xeoloxía.

O blog recollerá participacións dos alumnos de toda a ESO do colexio, nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía, que participan no canal de podcast do blog e no canal TV en streaming, dirixidos polos seus profes de ciencias, así coma noutros proxectos de Ciencia Activa do colexio coma: 
 Microrrelatos científicos, Aventuras Científicas, Coñecendo ao ADN, Colaboracións Postcrossing, #ArtCienciaActiva, Coach Kids-CienciaActiva, Semana da Ciencia ou Novos profes- pequenos científicos.

O blog de alumnos é unha plataforma para mostrar os traballos dos alumnos na área das ciencias. O blog tamén é un instrumento a través do que o profesorado proporá tarefas aos alumnos/as. Destacaremos o uso de diferentes ferramentas 2.0 co fin de desenvolver unha aprendizaxe mais activa e participativa, na que sexan os estudiantes os que se acheguen ao coñecemento por eles mesmos.
 É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións, que explican aos compañeiros a través das pizarras dixitais na aula.
Ciencia Activa é unha fiestra dende as clases de ciencias e bioloxía ó resto da comunidade educativa, pais, profesores e outros alumnos do Centro. O feito de estar presente o enlace do blog e do canal de ivoox, na web e redes sociais do Colexio, tamén  motiva ós alumnos a traballar nel.
Desexamos con este proxecto fomentar o traballo en equipo, así como participar de xeito cooperativo con outros proxectos do Centro, e aumentar as inquietudes polo aprendizaxe, a creatividade e a curiosidade de tod@s.
Ánimo e a investigar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario