miércoles, 14 de octubre de 2015

Para que nos serve durmir?

Autor: Peasap
                                                      Para que lle serve ao ser humán durmir?
Ainda que quedan numerosos interrogantes, sabemos que o sono está asociado con funcións inmunes, endocrinas, de aprendizaxe e memoria.
O sono melloraría a supervivencia mediante a optimización dos tempos de actividade e ocio, ademáis de permitir manter o cerebro áxil!
Antes do invento da eletricidade, as persoas durmían unhas tres horas máis que en condición actuais, agora a tecnoloxía en moitas ocasións altera os nosos hábitos de sono.
Non todos temos o mesmo reloxo biolóxico. E así que existe un porcentaxe de homes e mulleres que se clasifican como "alondras" ou "amantes da mañá" e outro como "búhos" ou "amantes da noite". Algúns neurocientíficos aseguran que é importante descubrir a que grupo cronobiolóxico pertence cada persoa e así adaptar seus horarios de traballo a seu patrón de soño natural.
O noso cerebro sempre está funcionando e tamén cado durmimos! 

A importancia de durmir, o funcionamento do noso cerebro durante o sono, e as vantaxes dun sono reparador explícano Gema, Raúl e Carlos de 2º da ESO no seguinte podcast, tan interesante non o deixes de escoitar!

2 comentarios:

  1. O cerebro non para nin durmindo!!
    Unha entrada moi interesante e noraboa por traballar en equipo rapaces de 2º e 4º, parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Pareceume moi interesante a división entre alondras e búhos, realmente é certo!

    ResponderEliminar