jueves, 2 de junio de 2016

Participamos na II Semana da Ciencia do colexio!

No colexio Padre Feijoo- Zorelle adicamos esta semana a expór os traballos máis representativos de tódolos niveis educativos nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía. Os traballos dos alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO, é! tiveron moita presenza nesta semana da ciencia, resumimos a nosa participación:



Exposicións:
#ArtCienciaActiva con todos os traballos feitos durante o curso con chuches e plastilina, destacando un "Body Anatomy" grande cas principais partes do corpo en inglés e en galego. Proceso: Debuxar a silueta cos órganos, recortala e pegala nun taboeiro de 1,70 m, comezar a pegar chuches e plastilina, facer os carteis e plastificalos, colocalos no lugar correcto e indicar con frechas feitas con cintas de raso, facer letras de goma eva e incorporar nunha base para levar ao hall do colexio. 
Moito coidado de non podemos etiquetar con erros os órganos, somos responsables da aprendizaxe de outros escolares que van a ver os nosos traballo!
                                                                                


Charla- Obradoiro sobre a calidade das augas a cargo da bióloga experta en análises de augas, Mª Luz García Nocelo. 
Medimos pH, dureza e nitratos en distintas mostras de augas no laboratorio de química, ao rematar a primeira parte, a charla, que foi na aula onde explicou unha presentación sobre a calidade das augas e os análises que fan no entorno da nosa cidade, coma o estudio da augas do río Miño ao paso por Ourense ou as do embalse de Cachamuiña que abastece a cidade.
 Moi instructivo!

Proxecto: Novos profes- pequenos científicos, os alumnos de Ciencia Activa de ESO e Bac diseñamos prácticasde laboratorio para ne@s de 1º e 2º de primaria sobre densidades, cómo pipetear, hinchar un globo sen soplar, cómo un ovo pode encoller e entrar na botella...                                                             Educación entre iguais!



          

Videoconferencia coa Universidade de Hasselt en Bélxica coa doutora en física Patricia Losada que nos falou das aplicacións da física na medicina e respondeu a todas as nosas dúbidas e curiosidades sobre a investigación actual en España e o resto de Europa. Patricia tamén nos presentou a algúns becarios investigadores de diferentes países, a algúns ela lle diríxelle a tese 
Moi interesante e un bó exemplo para nós!  
Moitas grazas a Patricia Losada por outras colaboracións co noso proxecto coma no audio que nos explica as ondas gravitacionais! 
                                                                                                          


Conferencia sobre Informática e as aplicacións en medicina a cargo de Xosé Antón Vila Sobrino director do CITI (Centro de investigación, transferencia e innovación da Universidade de Vigo). 
Xosé Antón visitou a nosa exposición e falounos de como a informática axuda nos diagnósticos, na interpretación de resultados e nas investigacións que están a levar a cabo en colaboración con cardiólogos e psiquiatras ourensáns.
Unha sorte poder estar en contacto con tan bós profesionais que nos permiten abrir o cole ao mundo!
                     
                        
                 
       

Entrevista de Isabel e Víctor.
 No seguinte audio ao rematar a conferencia de xeito breve e rápido poidemos facer unhas preguntas a Xosé Antón Vila para o noso canal de podcast.
Moitas grazas a Xosé Antón polo seu tempo e a súa amabilidade!
Para tod@s os alumn@s é unha oportunidade magnífica poder estar en contacto con profesionais destacados no eido da investigación coma Patricia e Xosé Antón.




Os alumnos de Ciencia Activa ESO é! puxemos un pequeno stand para que na semana da ciencia, o entrar e o saír do colexio poideran acceder o noso blog e tamén o blog dos nosos compañeiras de BAC. Fixemos esta foto remate da II Semana da Ciencia.

2 comentarios:

  1. Unha semana moi interesante e foi un placer facerlle unha entrevista a Xosé Antón!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Isabel, estiveche atenta á conferencia e as preguntas eran moi acertadas. Noraboa esa é a actitude!

    ResponderEliminar