martes, 17 de octubre de 2017

Consume auga con moderación, polo ben de todos!

H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA DA TÚA CIDADE! 
 É o título da exposición da Obra social A Caixa e a Fundación AGBAR, que visitamos hoxe no Xardín do Posío de Ourense. Unha exposición interactiva que pretende concienciar e invitar ao público a reflexionar sobre os retos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que hai detrás dun xesto sinxelo como o de abrir unha billa na nosa casa e que saia auga potable! 
4º ESO visita a exposición H2OH!
Os alumnos e alumnas de 4º da ESO queremos concienciar a todos da importancia de xestionar ben os recursos hídricos e non despilfarrar auga! 
Na agricultura, o gasto de auga é enorme pero un sistema de regadío axeitado por goteo garantiza un menor consumo de auga, e na nosa vida diaria hai moitas maneiras de consumir auga de xeito responsable. 
Neste vídeo facémonos eco da campaña de Viaqua e o Concello de Ourense para concienciar a poboación da grave seca que estamos a sufrir. Esperamos que vos guste e entre todos axudemos a aforrar este ben tan preciado:

                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario