"LA RESPUESTA ESTÁ EN LA NATURALEZA"
Este ano 2018 é especial porque se cumplen 25 anos da primeira celebración do día da auga, e ademáis porque a súa temática “La naturaleza al servicio del agua”, demostra máis que nunca que a solución aos problemas relacionados ca auga sempre estivo e está ao alcance da nosa man.
Tamén é un día especial porque hoxe da comezo o Decenio Internacional para a Acción, "Auga para o Desenvolvemento Sostible" proclamado por unanimidade na Asamblea Xeral da ONU. O lanzamento formal deste Decenio da Agua (2018-2028), será unha oportunidade importante para que a comunidad internacional reitere o seu compromiso de lograr os obxetivos e metas relacionados ca auga.
Non deixes de escoitar este audio onde alumnado da ESO e a profesora de bioloxía de 1º ESO, Rosa Mª Pérez reflexionan sobre a importancia deste recurso e do seu Día Mundial:
Na maioría dos países pouco desenvolvidos a carencia de auga potable é unha grave e dramática realidade. Como podemos escoitar no podcast somos afortunados por ter abundante auga potable para concumir e ademáis vivimos nunha cidade onde a auga é protagonista da paisaxe, o clima, o termalismo e a enerxía. Coidemos a auga, coidemos a natureza e nos coidamos a todos!
Aquí temos o vídeo oficial do Día da Auga 2018, Feliz Día da Auga!
No hay comentarios:
Publicar un comentario