miércoles, 18 de noviembre de 2020

O oso pardo volve a Ourense!

O oso pardo volve 180 anos despois á fronteira entre Ourense e Portugal

O 2 de decembro de 1843, nunha batida que tivo lugar na serra do Gêres, morreu o último oso pardo atopado en Portugal. Esta semana, o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) de Portugal e a Junta de Castilla y León confirmaron o regreso do úrsido na zona da Teixeira, no termo municipal de Hermisende (comarca de Seabra), e no parque natural de Montesinho, no concello de Bragança. Ambos municipios están na fronteira co concello ourensán da Mezquita.

A noticia, foi acollida con expectación entre os servizos de conservación da natureza. O exemplar localizado na comarca da Seabra trátase, probablemente, “dun oso dispersante e novo, e é razoable pensar de que procede de zonas con poboación máis densa, como o Alto Sil, o Bierzo ou León”.

En Castilla y León existe desde o ano 1990 un plan de recuperación da especie, considerada en perigo de extinción. En Galicia, onde o oso estivo a piques de desaparecer, a Xunta aínda non implementou o plan de conservación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario