lunes, 8 de marzo de 2021

Beneficios das Augas Termais na Saúde


Ourense, coñecida como "Cidade das Burgas" polas súas famosas augas termais, fontes de saúde, beleza e benestar.
Estas augas minerais que nacen do chan son coñecidas en todo o mundo polas súas propiedades curativas, úsanse como tratamento terapéutico para varias enfermidades. Entre os seus diversos beneficios, segundo estudos, a súa temperatura axuda a matar xermes, incluídos virus, tamén axuda a disolver e eliminar as toxinas do corpo, aumenta a circulación sanguínea e a osixenación.
Tamén estimula o sistema inmunitario, aumenta o metabolismo, é beneficioso para a relaxación mental. E en canto á pel, é ideal para psoríase, dermatite, micose e ás veces axuda a curar feridas; sen esquecer que retardan o proceso de envellecemento.
En conclusión, as augas termais son beneficiosas para tratar enfermidades crónicas como:
Enfermidades reumáticas
Neuroparálise central e periférica
Algunhas enfermidades metabólicas como a diabetes, a obesidade...
Trastornos gastrointestinais
Enfermidades respiratorias leves
Problemas de circulación
Enfermidades da pel
Estrés
Secuelas traumáticas

A pesar de todos estes beneficios, as augas termais poden ter contraindicacións, polo que é recomendable consultar co seu médico antes de usalas. 
Sabendo todo isto e o preto que estamos, xa tes escusa para visitalos



No hay comentarios:

Publicar un comentario