domingo, 22 de mayo de 2016

Os "coachs" da ESO en acción!

Experiencia moi positiva de educación entre iguais!
Os alumnos de 4º da ESO puxeron en práctica o proxecto Coach- Kids cos compañeiros de 4º, 5º e 6º de primaria. Durante media hora explicaron os riscos e precaucións a ter en conta para facer un bó uso da internet, a presentación que empregaron feita por Ana, Ceci e Viviany inclúe vídeos didácticos de pantallas Amigas. Lémbranlle a importancia de estar informados sobre temas coma: o ciberacoso, os datos persoais, publicación de fotos, páxinas con contidos inadecuados...
 Ao rematar a explicación pasáronlles os escolares o seguinte cuestionario:


A experiencia foi moi positiva xa que a derradeira cuestión sobre se lles gustou a explicación e se aprenderan con Coach- Kids, o 100% dos escolares dixeron que SI!!



Estos son os resultados dalgunhas preguntas:



Os resultados deste gráfico circular corresponden:
 A 4º de primaria o 26.5%; a 5º de primaria 30.6%; e a 6º de primaria un 42.9%. 
Pódese ver un aumento do uso das redes sociais coa idade, tamén coiciden os mesmos porcentaxes para a pregunta de tes móvil. 




En todos os cursos de primaria a acollida aos coach de secundaria foi estupenda, moitas grazas aos titores de primaria e aos seus alumn@s pola súa atención!
Paula, Baty y Marcial coch- kids en 5º P.



Os escolares de 6º P participan en Coach-Kids!

Lucía , Ceci y Ana en 4º Primaria

4 comentarios:

  1. Que ben o fixéstedes, estaban moi atentos! Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Un buen trabajo para concienciar a los alumnos de primaria sobre el uso de Internet

    ResponderEliminar
  3. Foi unha experiencia xenial, encantoume

    ResponderEliminar
  4. Interesante algúns datos obtidos co cuestionario. Hoxe en día está moi difundido Internet entre os nenos.

    ResponderEliminar