Os pardais (Passer domesticus),
eses pequenos paxaros que a miúdo vemos en zonas habitadas polo ser humano, están a desaparecer das cidades. De feito, dende fai 30 anos, ata o 63% dos pardais de toda Europa xa
desapareceron. Pero, por que? Nas cidades, as causas principais son a contaminación,
a ausencia de espazos verdes, o que lles dificulta formar os niños, así como a
invasión de especies exóticas (como a cotorra arxentina). No medio rural, pola
contra, os principais problemas son o emprego abusivo de praguicidas así como o
despoblamento en xeral.
Un gran problema a perda de biodiversidade!
Segundo a organización SEO/BirdLife,
pioneira na conservación da Natureza e da biodiversidade en España, a
desaparición desta pequena ave na Península Ibérica soamente é dun 6%, sendo máis aguda a medida que
nos movemos cara o norte do noso país. Sen embargo, que o seu descenso en número
de individuos sexa menor que a media europea non implica que non debamos
poñernos mans á obra para protexer aos nosos pardais.
Ao mesmo tempo, dita ONG, realizou un estudo acerca da situación
dos pardais tendo en conta onde habitaban: no centro das cidades, na periferia
ou nas zonas máis distantes dos núcleos urbanos. Como resultado, observouse que
as aves que habitaban os núcleos urbanos presentaban problemas graves como
desnutrición ou anemia.
Pero, que podemos facer nós para axudar a esta especie? SEO/BirdLife tamén propón unha serie de sinxelas medidas que calquera pode levar a cabo. Por exemplo, a creación de pequenos niños e comedeiros, a promoción de espazos verdes, etc. Todos podemos aportar o noso grao de area para axudar á conservación das especies porque, non debemos olvidar que...
A conservación da Natureza é cousa de todos!
Se queres consultar máis información acerca dos pardais, así como sobre os seus costumes, etc., podes acceder a páxina de SEO/BirdLife: http://www.seo.org/ave/gorrion-comun/
Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!
Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!
una entrada muy interesante y con mucha razón, intentaré hacer un nido.
ResponderEliminarReally interesting!
ResponderEliminar