miércoles, 20 de abril de 2016

Charla- Obradoiro de ilustración na ESO

Con motivo do III Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo- Zorelle, na ESO poidemos asistir a unha charla coa ilustradora Rebeca Perea que ensinou algúns trucos para poder debuxar emocións, estados de ánimo,...
Na segunda parte da charla os estudiantes de 2º de ESO a partir dun texto, inventaban e debuxaban o seu propio comic!
Moi divertido!



 Rebeca Perea trouxo dous contos ilustrados por ela: "Cuentos bilingües" e "De camino a la vida". O primeiro con ilustracións para favorecer a adquisición de vocabulario en inglés, e o segundo cunhas ilustracións sobre a reprodución humana explicada para nen@s e pais. 
O remate da charla gravamos este audio, tan interesante! Non deixedes de escoitalo! Moitas grazas Rebeca polos seus consellos e amabilidade!



Ana e Lucía entrevistan a Rebeca Perea


3 comentarios:

  1. Foi moi divertido entrevistar a Rebeca e aprender máis sobre a ilustración dos libros!

    ResponderEliminar
  2. Una nova experiencia, grazas a Rebeca polos seus consellos!

    ResponderEliminar
  3. Tarefa nada fácil a de debuxar as emocións! Noraboa rapaces pola entrevista!E grazas Rebeca por participar no Fetival do Libro!

    ResponderEliminar