viernes, 7 de octubre de 2016

8 de outubro: Día da Ciencia de Galicia!

O día 8 de outubro adícase a conmemorar o Día da Ciencia en Galicia!
Coincidindo ca data do nacemento do célebre ourensán Padre Feijoo, considerado o primeiro científico galego.
No colexio adicamos un proxecto de centro a súa figura como homenaxe no ano 2014 cando fixo 250 anos do seu falecemento. Non deixedes de consultar o blog adicado á súa figura, con traballos feitos por alumnos/as de todos os niveis educativos no centro: PROXECTO PADRE FEIJOO
Neste vídeo María Fabio e Lidia explican á importancia de conmemorar a Ciencia en Galicia e como os alumnos e alumnas de Ciencia Activa do Colexio conmemoran este día:

A Santiaguina

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano 2016 o Día da Ciencia de Galicia a, D. Ignacio Rivas Marques. 
Químico e galego de adopción, centrou as súas achegas no eido da química orgánica, sustancias coma santiaguina, pontevedrina, ourensina ou coruñina foron algunhas das súas achegas a partir da flora autóctona galega.

Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:


Nesta sopa de letras grazas a Arkaitz de 4º da ESO A, podedes xogar e lembrar outros homenaxeados neste Día da Ciencia en Galicia:

Día de la ciencia en Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario