Os estudiantes do colexio Padre Feijoo- Zorelle fixemos diferentes traballos nos que primeiro investigamos para documentarnos sobre a riqueza natural da nosa fermosa provincia e poder planificar tarefas.
Empregamos o libro sobre o PatrimonioNatural que nos deron a cada un e traballamos actividades en diferentes materias coma en lingua castelá, galego, plástica, xeografía e historia e bioloxía e xeoloxía.
O mércores 23 de novembro tivemos a sorte de poder amosar aos medios de comunicación e ao Presidente da Deputación os nosos murais na aula!
Foi estupendo, viñeron os medios de comunicación e os reporteiros de Telemiño gravaron e elaboraron unha reportaxe para a nosa visita a plató.
O colexio Padre Feijoo- Zorelle presentou esta actividade nun programa especial do Xornal Escolar emitido o día 24 de decembro.
Fai click nas imaxes e verás o programa completo do cole en telemiño, ca reportaxe no cole e a participación no plató, así coma as adiviñanzas feitas polos alumnos de sexto de primaria e as panxoliñas interpretadas polo coro do noso cole:
Foi estupenda a visita as instalacións de Telemiño e ademáis tivemos a oportunidade de gravar "un manequin challenge" moi divertido, aquí o podes ver:
No hay comentarios:
Publicar un comentario