miércoles, 22 de marzo de 2017

Máis graos no Polo Norte?

A través da prensa a miúdo poidémonos decatar e informarnos sobre o cambio climático.
Coas temperaturas 20 graos máis altas do habitual no outono 2016, podemos acelerar o cambio climático e ter efectos catastróficos en todo o planeta, según adverten os expertos. As temperaturas habituais nesa época do ano soen ser de 20ºC baixo cero e este ano unha zona preto a Siberia estivo só a 5ºC baixo cero.
Uns dos primeiros impactos pode ser o quentamento da tundra e a liberación "natural" de grandes cantidades de metano,un gas cuxo efecto é 20 veces máis potente que o CO2. O desxeo da tundra pode supoñer tamén a substitución prematura do manto blanco por un crecemento da vexetción oscura que absorbe moito máis calor.
Os bancos de pesca no Ártico podense ver moi alterados, así coma todos os ecosistemas septentrionales. A contracción da capa de xeo pode contribuír o quentamento dos océanos e unha alteración dos cambios estacionais hasta o sureste de Asia, coa a anticipación da época dos monzóns. 
Por último, a Organización Meteorolóxica Mundial dice que o ano 2016 foi o ano máis cálido xamáis rexistrado, con un aumento das temperaturas con un 1,2 graos con respecto a era preindustrial. 
Neste precioso vídeo de animación, podemos ver as causas, os efectos e as solucións ao cambio climático:


1 comentario: