miércoles, 28 de noviembre de 2018

Lago de Cuenca que se volve rosa !


  Unha lagoa conquense amenceu hai uns días cun notable cambio de cor: pasou de azul verdoso a rosa fucsia tirando a violeta. Non se trata de ningunha vertedura, senón dun fenómeno químico producido por microorganismos. Chámase lagoa das Tartarugas e pertence ao complexo de Cañada del Hoyo, formada en total por sete charcas situadas na zona centro-oriental da provincia de Conca.



Fonte da foto


Segundo precisan desde a Consellería de Agricultura a Europa Press, trátase dun proceso químico que se produce en raras ocasións e cando á presenza duns microorganismos bacterianos súmanse determinadas condicións meteorolóxicas. Trátase de cromatiales, coñecidas como bacterias púrpuras do xofre ou bacterias vermellas do xofre, que se atopan en mananciais sulfurososo en auga estancada.

A auga recuperará a súa cor habitual en poucos días, pero mentres tanto, as sorprendentes imaxes dunha lagoa de cor rosa tirando a violeta nalgunhas zonas están a ser moi difundidas nas redes sociais.













2 comentarios:

  1. Encantoume a túa noticia é moi interesante xa que non sabía que una lagoa poida cambiar de cor

    ResponderEliminar
  2. Esta é unha noticia moi interesante de actualidade que reflicte moi ben o caprichosa que é a natureza, e o que pode chegar a facer nunha lagoa común e corrente. Outro exemplo de lago tintado é o Lago Verde en Lanzarote (que eu precisamente visitei) que non é polas bacterias púrpuras do xofre, senón que é por un tipo de algas. Noraboa pola entrada!!!!!!

    ResponderEliminar