Construimos unha depuradora xeolóxica?
Observamos un suceso:
As augas termais que rodean a nosa cidade podemos bebelas e sen embargo non son potabilizadas nen depuradas.
Pensamos e fixémonos interrogantes:
Por que non hai que depuralas?
A Natureza, o solo, as pedras por onde discurren terán algo que ver?
Plantexamos unha hipótese:
Será que as areas, gravas, pedras serven para que se adhiran as partículas en suspensión e por iso saen limpas ademáis de quentes.
Deseñamos un experimento:
- Construír un sinxelo ARTEFACTO para comprobar a nosa hipótese.
- Primeiro imos pasear a beira do río Miño preto dalgunhas termas e procedemos a recollida de sedimentos de diferente tamaño.
- Nunha botella de plástico introducimos de maior a menor diámetro as diferentes partículas rompemdo a base da botella.
- Recollemos mostras de augas de diferentes lugares, do río, das termas e auga sucia para comprobar se a nosa depuradora xeolóxica funciona.
Extraemos conclusións cos resultados obtidos
Aprobamos o noso experimento xa que funcionou poidemos ver como en cuestións de segundos unha mostra contaminada atravesaba o noso "artefacto" e saía transparente.
Eureka!
Neste vídeo vemos en 30" un resumo do proceso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario