martes, 9 de noviembre de 2021

As erupcións volcánicas continúan na Illa de Palma!

As erupcións volcánicas son unha manifestación da actividade interna da Terra.
O noso planeta no seu interior non está durmido, existe unha gran cantidade de enerxía interna.
As principais manifestacións da dinámica interna da Terra son os seísmos, os volcáns e a Tectónica de Placas.
As erupcións volcánicas son un impacto xeolóxico caracterizado pola emisión de lava (magma sen gases). Estas emisións poden ser diferentes dependendo da  composición química das rochas e da temperatura do magma.
Así teremos coladas de lava fluídas ou viscosas que invaden á superficie terrestre, a lava ven acompañada de gases volcánicos e cinsas. 
A realidade do volcán da illa de La Palma é moi activa! Dende o 19 de setembro continúa a actividade volcánica de día e de noite, acompañada de frecuentes seísmos.
Nova de actualidade consulta fai click



No hay comentarios:

Publicar un comentario