lunes, 8 de noviembre de 2021

Que pasa cando a lava crúzase coa auga na illa da Palma?

 Dende o mes de setembro, a lava do volcán da illa da Palma, estivo en contacto coa auga, e as reaccións entre as dúas é unhas das cousas máis interesantes sucedidas a partir deste desastre.

  O que ocorre cando o magma quente entra en contacto coa auga do mar é un arrefriamento paulatino do fluído quente, o que fai que a emisión dunha mestura de vapor e gases á superficie, acabe decantando e formando parte da propia terra.

  O magma, ao entrar en contacto coa auga salgada, provoca unha reacción química que alimenta un fume intenso que libera á atmosfera partículas moi finas de ácido clorhídrico e vidro, que poden irritar a pel e os ollos ou mesmo provocar problemas respiratorios hábitat da zona de risco.

  Na miña opinión, a situación na illa da Palma é unhas das peores que pode vivir unha sociedade e que afecta tanto física, psicolóxica e emocionalmente á poboación da illa; e que deberíase evacuar a esta canto antes para evitar máis pérdidas humanas.

  Abaixo móstrase un vídeo deste fenómeno.

Fonte da información.





No hay comentarios:

Publicar un comentario