miércoles, 13 de diciembre de 2023

Microorganismos Marinos

 

Un equipo liderado polo Institut de Ciències do Mar (ICM-CSIC) de Barcelona e a Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) desvelou que é posible cultivar no laboratorio algunhas das bacterias oceánicas mais abundantes do océano profundo, cuestionando así a idea de que a maioría dos taxones cultivados pertencen a especies pouco abundantes no medio mariño. Os detalles da investigación recóllense nun artigo publicado recentemente na prestixiosa revista ISME communications.
Ata agora, a diversidade microbiana mariña, especialmente a do océano profundo, considerábase difícil de cultivar, o que dificultaba o seu estudo no laboratorio. O illamento de microorganismos é unha ferramenta moi valiosa para probar hipóteses ecolóxicas e comprender o papel das bacterias clave no océano. A análise comparativa a gran escala de bacterias illadas e secuencias ambientais nas que se basea agora o artigo publicado busca remodelar a nosa comprensión das bacterias dos océanos profundos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario