miércoles, 6 de marzo de 2024

As bacterias

A CÉLULA PROCARIOTA

Unha célula procariota é un organismo unicelular, o seu material genético encóntrase disperso no citoplasma, reunido nunha zona denominada nucleoide (polo tanto estas células non teñen núcleo verdadeiro). As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.

Ademais, os organismos formados por células procariotas son unicelulares, é dicir, formados por unha soa célula, aínda que algunhas poden formar grandes colonias. Segundo a clasificación do sistema de tres dominios, os organismos con células procariotas clasifícanse nos dominios Bacteria e Archaea.

Na clasificación do sistema de dous imperios distinguíase no que se agrupaban bacterias e arqueas e que coincidía co concepto de reino Monera doutras clasificacións.

Este tipo de célula consta das seguintes partes:

  • Membrana plasmática/celular (na que se atopan os mesosomas)
  • Mesosomas (pregamentos da membrana plasmática encargados de realizar a fotosíntese, a nutrición celular, é dicir fabricar enerxía, e axudan na duplicación/repartición de ADN na división celular)
  • Parede celular bacteriana (composta por un azucre chamado mureína ou peptidoglicano)
  • Cápsula (só a posúen as bacterias patóxenas)
  • Nucleoide/ADN circular/Cromosoma bacteriano
  • Plásmidos (trozos de ADN, independentes do nucleoide, empregados en enxeñaría xenética)
  • Pilis/Fimbrias (estructuras que serven para que as células se comuniquen e podan realizar a TRANSDUCCIÓN. Este proceso baséase en que as pilis funcionen a modo de ponte citoplasmática entre dúas células e estas intercambien plásmidos)
  • Flaxelo (serve para a locomoción)
  • Ribosomas (conteñen as proteínas)
  • Gránulos de reserva
  • Citoplasma (composto polo citosol e os orgánulos)
Célula procariota cas súas partes



No hay comentarios:

Publicar un comentario